Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deus baixo un paraugas azul

lunes, 26 de julio de 2004
Foi no anterior Xacobeo cando contemplei atónito, na Catedral de Santiago, no momento da comunión, grandes paraugas branquiazuis, para sinalar o lugar onde un crego impartía a comunión.
Tiven daquela ocasión de comentarllo a Carlos Casares por aquelo do paralelismo teórico do tema con aquel seu título de "Deus sentando nunha silla azul".
O 25 de xullo, de novo, púidose contempla-la escena dos paraugas.
Como será a cousa que o comentarista de TVE que transmitía a solemne Misa do Apóstolo veuse obrigado a comentar que os paraugas "non eran moi estéticos" pero sí prácticos para que os asistentes puidesen saber en todo momento onde se podía comulgar.
Eu teño na casa un paraugas publicitario da Radio-Televisión de Galicia mesmamente igual ós que se manexan na Catedral de Santiago, que tamén empregan as cores da bandeira galega.
Pero coido que habería centos por non dicir milleiros de métodos diferentes de facilita-la comunión dos fieis sen utilizar paraugas, por moi simbólicos que sexan da Galicia chuviosa que disfrutamos. E seguro que ó Cabildo compostelán se lle ocorrirá unha maneira máis xeitosa, e -atendendo ó contorno catedralicio e ás crenzas dos que participan na cerimonia- máis simbólica. En tanto esto non sucede, Deus vai pola Catedral de Santiago baixo un paraugas azul.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES