Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Alto!: Prohibido o paso

lunes, 23 de mayo de 2011
Case chegaron ata as “ruínas” do peirao de contedores. Ata que chegou a policía portuaria e “mandou a parar.... Hai que abrirse cagando labras polo ben de España..... Coido que a orde saíu do Presidente Sr. Puertas de votar fora do Porto aos representantes de IU no Concello de Vilagarcía. Un cargo político que é responsable da Autoridade Portuaria hai que suporlle unha vocación democrática, coido que esa vocación se lle manifestara xa na máis tenra nenez, e se me apuran moito no berce mesmo.

Non encanto, hai que dicir que parar a uns representantes do pobo para dar fe dunhas obras do peirao que se derruba, sendo xa un segredo a berros, é un acto antidemocrático e de prepotencia. Poida ser que fora un acto de patriotismo de postal, berrando aquilo de: ¡.. hai que salvar a España... ! destes elementos perniciosos. Que teña o Sr. Puertas a glándula que produce o patriotismo algo excitada non obriga a ninguén a compartir fluxos.

O Sr. Presidente do Porto aínda no se decatou que estamos nunha sociedade dinámica que precisa de xestores políticos áxiles e ao loro e non dirixentes que nin soben, nin baixan, que só están no descansadoiro fumando un puro e o tráfico portuario se case actividade.

O máis xusto e democrático para o ben do porto, sería mandarlle a policía portuaria á empresa e ao enxeñeiro (este pode contar comigo para o premio Nobel) que fixo as obras do peirao de contedores, votalos fora e que non pisaran o porto xamais, eses son os culpables do afundimento do peirao, non os que queren denunciar ante os xornalistas esa obra feita con cartos públicos.
Non fai falla que intente tapar esa desfeita, como dixen anteriormente, é un segredo a berros que o saben ata os cans de palleiro.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES