Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Decisivas eleccións

lunes, 23 de mayo de 2011
Este domingo, vintedous de maio, celebramos eleccións municipais. Celebrámolas entre todos, que si individualmente somos febles e desvalidos, colectivamente somos o poder, o goberno, a autoridade total.
Votando, somos invencibles. Votando, marcamos colectivamente o rumbo do país. E onte, marcamos o rumbo do país, das provincias, dos concellos, para os próximos catro anos.
Haberá problemas de tipo local, alianzas e defeccións, presións e desengaños, pero o conxunto funciona, e cada elección que pasa é un afianzamento no proceso democrático que nos estamos a proporcionar desde hai máis de trinta anos, pero que aínda precisa un longo tempo de evolución e afianzamento.
Certo que este domingo se votou en porcentaxe moi elevado, porque todos eramos conscientes da importancia da cita e do momento. E que o resultado causou non poucos pequenos ou medianos terremotos políticos, que terán as correspondentes réplicas en días sucesivos. Para moitos, a morte política, para moitos tamén efémeras glorias que caducarán máis axiña do que eles pensan. E no medio, infinidade de pequenas historias de anceios de notoriedade, de ascenso, de mellora económica... E algunha aspiración de servir á comunidade á que un pertence.
Houbo na historia decisivas eleccións, quedando como exemplo as municipais do comezo dos anos trinta que deron paso á desaparición da monarquía e entronización da República. Sen chegar a esa importancia histórica, as de este domingo quedarán macadas como de transcendencia social ben destacada, como o comezo do fin dun tempo que agora parece periclitado, pero en calquera momento pode remontar a súa traxectoria. Que foron decisivas para as aspiracións do Partido Popular, polo que a Galicia se refire, en A Coruña, Ferrol e Santiago e na Deputación coruñesa e permiten ó Psoe manter o tipo, coas axudas pertinentes, en Lugo, Ourense e Vigo e na Deputación lucense.
Como sempre ocorre, algúns fracasos, notorios triunfos, e o comezo dun tempo diferente onde moitos rexedores deberán demostrar que o seu ascenso non e froito dunha ofuscación popular, senón que os electores sabían moi ben o que querían para o seu pobo.
Celebradas as eleccións, estamos no momento do triunfo. Que a ninguén se lle suba á cabeza. E todos saiban –saibamos- sacar desta xornada a mellor lección e os mellores resultados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES