Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miña avoa: a miña nai

viernes, 20 de mayo de 2011
Unha noticia sobre a que distintos medios de comunicación chamaron a atención esta semana foi a de que unha avoa aragonesa accedeu a unha baixa por maternidade ao ter que acoller a súa neta, ao morrerlle a súa nai nun accidente de automóbil e o seu pai desentenderse dela.

Na maioría das ocasións, o normal é que cando os nenos ou nenas quedan orfos ou nunha situación de desamparo por parte dos seus proxenitores ou titores, os servizos de menores da comunidade autonoma soliciten que os acolla a súa familia extensa (avós, tíos, curmáns, etc.) ou unha familia allea. No caso de que este tipo de acollementos familiares non poidan serlles ofertados, a última solución de carácter temporal que queda é a de que sexan internados nun centro de menores.

Nos dous primeiros casos, a familia que os acolla pode solicitar unha axuda económica da Administración. No entanto, a novidade que se apunta no caso mediático é que a avoa, que era unha traballadora por conta allea, solicitou a baixa por maternidade, algo que é presentado como excepcional. E dicimos excepcional e non ilegal, por que, se acudimos ao Real Decreto 295/2009, vemos que se poden beneficiar do subsidio de maternidade todos aqueles traballadores e traballadoras que estean a traballar por conta propia ou allea, sempre que reúnan a condición xeral de estar afiliados e de alta ou en situación asimilada nalgún réxime do sistema da Seguridade Social e que poidan acreditar os períodos mínimos que cotizaron, segundo sexa o caso. As coberturas desta prestación esténdense a todas as modalidades do acollemento familiar e da adopción. E é na primeira delas na que se amparou a avoa traballadora, algo que para a maioría dos avós é inconcibible, xa que, ou son persoas que xa teñen cesado na súa actividade laboral ou, no caso de que aínda estean en activo, o mais común é que estean no paro.

De todas as maneiras, aí queda publicitado un dereito que lle está recoñecido a un bo número de persoas. E senón, boten vostedes mesmos o cálculo dos avós que poden favorecerse desta prestación de maternidade en toda España para que este feito deixe de ser noticia, cando, só en Galicia, hai 1.227 menores acollidos en familia extensa! Un pico, a que si?
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania