Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xornalistas xornaleiros

viernes, 23 de julio de 2004
Ser xornalista, hai xa anos, é o anceio dun número tan elevado de rapazas e rapaces, que fai da profesión unha das de maior prestixio, de maior número de aspirantes a pesar dos horarios, dos calendarios laborais e dos condicionamentos de todo tipo.

Os tempos foron reafirmando a situación. E “Audiovisuais” da universidade compostelana é a titulación galega que precisa maior nota (8,05) para poder acceder ós seus estudios.
Séguelle “Traducción e Interpretación”, en Vigo, para aparecer en terceiro lugar (7,78) Xornalismo tamén en Santiago.

¿Por qué, Señor, esta situación, se logo un xornalista cobra menos ca un electricista, un fontaneiro... a metade ca un médico ou avogado e con horarios que nunca se saben cando rematarán?
Algo terá este bendito oficio que compense o menor beneficio. Algo terá este peregrinar na percura da “sucesión sucesiva dos sucesos sucedidos sucesivamente”.
Algo terá este deambular polo medio de heroes e traidores, de protagonistas e indocumentados, de posuidores da verdade e almas cándidas, de servidores do pobo e de sí mesmos. Algo terá –grandeza e miseria a partes iguais- este labor cotián que sitúa unha modesta profesión a ras da actualidade (dos protagonistas da actualidade) e que nos transforma de xornaleiros da palabra en xornalistas.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES