Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 22, votamos

viernes, 20 de mayo de 2011
Non é unha suposición, é unha seguridade: o día 22, todos os que teñamos dereito ó voto, temos que ir votar.
Todas as eleccións hai que consideralas vitais para unha colectividade, polas diversas posibilidades que delas se desprenden. Do noso voto colectivo depende que gobernen uns ou outros, ou uns e máis outros. Do noso voto colectivo dependen tantas cousas, tantas decisións, tantas abstencións, que seríamos uns completos irresponsables se decidiramos non acudir a depositar o noso voto no lugar que se nos sinala.
Certo que o por agora curto período democrático deparounos algún que outro desasosego, pero son infinitamente máis e maiores as satisfaccións e as seguridades. Ter un sistema que garante que gobernen os máis sobre os menos, e todos eles demócratas, proporciona unha tranquilidade básica, elemental en calquera pobo, e da que carecemos durante moito tempo.
Dispoñer de opcións varias sobre as que escoller é unha característica da democracia, que nos proporciona elementos de xuizo e capacidade de decisión en relación co tema básico de autogobernarnos, de gobernar entre todos o futuro colectivo.
Claro que haberá resultados que non nos gosten, derivados de que a nosa postura optou polo que se evidenciaría opción minoritaria, pero aí está a grandeza do sistema, que permite acudir prácticamente a todos, que permite a todos loitar coas mesmas armas, e que expón a todos á nosa contemplación, ó noso xuizo, e á nosa decisión.
O 22 votamos quen vai gobernar os 315 concellos galegos durante os próximos catro anos en tempo difícil, crítico, no que moitas posturas se han clarificar, moitos pequenos concellos se verán abocados a xuntarse para pervivir, moitos novos alcaldes terán a oportunidade de demostrar a súa capacidade, milleiros de concelleiros poderán comprobar a importancia do seu papel no goberno ou na oposición dos asuntos do concello onde viven.
O domingo, 22, votamos polo futuro, ese porvir incerto que temos que facer cada día, e no que todos participamos aínda que de xeito mínimo. Pola nosa parte, unha acción definitiva é a emisión do voto o día 22, confiando no que estimemos máis apto e válido (apta e válida) para levar adiante o noso mandato, e presentarnos dentro de catro anos uns concellos mellor gobernados, mellor administrados, prósperos, prestixiados, servidores de todos nós.
Por eso, o Domingo 22 é imprescindible ir votar. Para non quedar fóra do proceso electoral, para non desentenderse dos nosos asuntos colectivos, para non quedar arredados do futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES