Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha de romanos

jueves, 19 de mayo de 2011
De sempre, as películas de romanos gozaron de gran favor dos mozos galegos, sen saber que o gosto podería vir da fixación nos nosos xenes das glorias de Roma que tiveran por marco este fisterra.
Porque as películas de romanos, que sempre se programaban no decurso das Semanas Santas dos anos tristes do noso pasado, todas ocorrían en Roma, tiñan os romanos por protagonistas ”bos” e remataban case sempre ben para o Imperio, aínda que este rematase caendo definitivamente.
E aínda que logo se fixeron outras películas con maior amplitude de miras, contemplando o Imperio en toda a súa extensión, mesmo series televisivas que tiñan en conta ós que guerreaban contra os romanos invasores, falta por agora a gran película da Galicia romana, que poña de manifesto o papel do noso país dentro do Imperio, a loita que Roma tivo que librar para facerse con este lonxano territorio, e o holocausto final no que os nosos devanceiros preferiron morrer antes que renderse ó invasor.
Temos xa unha gran novela da Galicia romana – neste caso do Lugo romano-, “Las hijas del César” coa que o lucense Pablo Núñez chegou á final do Premio Planeta en 2006, na que se fabula con imaxinación e arte sobre o papel preponderante da cidade lucense nunha Galicia romana, onde as loitas e os amores se entrecruzan para estruturar unha crónica de cómo puido ser un tempo lonxano e glorioso no que formábamos parte do grande Imperio, como terra incógnita onde cada día morría o sol no misterioso Océano dos Atlantes.
Pois agora imos ter tamén unha gran película, idea do actor Rubén Riós, protagonizada polo inmenso Luis Tosar, que dará vida a “Galaicus”, Decimo Xunio Bruto, o que foi quen –á cabeza das tropas romanas- de cruzar o río Letes, o Limia, o río do Esquecemento, onde a lenda quería que cando un soldado cruzase aquelas augas esquecería a súa terra, a súa xente, a sí mesmo.
Pode ser a película definitiva, “unha de romanos” que fale dos romanos de Galicia, unha terra que tan dura foi de conquistar para o Imperio, terra de ouro e de vento.
Agardamos por esta definitiva película de romanos, que falará de nós, aínda que en tempo pasado. Falará dos nosos devanceiros de hai dous mil anos, que Roma arrasou con lume e sangue para logo integralos –integrarnos- na súa cultura e na súa historia. Vinte séculos despois, seguimos aquí.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES