Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Loubanza para Emilio Ínsua

miércoles, 18 de mayo de 2011
Ë para mí nunha gran satisfacción topar nos Sres. Libreiros de Cambados a sensibilidade, que aínda estou a esperar das autoridades do noso querido Viveiro, para homenaxear a un Home-reparen na mayúscula-como é Emilio Ínsua López.

Moitas grazas, Amigos de Cambados, no nome de aqueles que coma mín non podemos asistir, pero sentimos a Emilio como un cacho fermoso dos nosos corazóns.Grazas porque vos vedes con claridade meridiana o traballo diario, a férrea procura, os múltiples esforzos, a loita por facer dos vosos fillos o que sempre chamos na Terra homes de proveito, non de aproveitados, como abundan en moitos sitios.

Podía falarvos de Emilio moitas cousas pois desde, aproximadamente os seus quince anos, nos que o conocín, aló no bar Cabozo de Viveiro quedei prendado daquel rapaz. Presentoumo o seu pai Lucho tomando unhas tazas. Cando na vida dunha persoa as cousas son importantes, a memoria é fotográfica e a imaxen de aquel mozo, que sacaba tan boas notas no instituto, contrastaba moito co folgazán que fora eu. Desde entón somos amigos. Deses que se ven pouco, pero que se queren moito. Emilio e eu temos conversas íntimas e respetámonos moito¿Fixáronse vostedes como sendo un galeguista de pro é capaz de escoitar á calquer persoa sen reparar en mil argalladas como poden ser neno ou adulto, rico ou pobre, de esquerdas o de dereitas? Emilio aturaos porque sabe que como bon mestre o seu traballo non pode ser excluínte. O seu carácter dialogante é unha pasada. Mais tamén podíalles falar dos traballos que tivo para poder ser hoxe ese flamante catedrático que teñen a sorte de disfrutar.

Emilio aprendeu música na Banda de Viveiro-escribeu unhas memorias moi entrañables-, despois tocou na orquesta dos Picolos para poder pagarse os gastos, case sempre libros, que nin a economía familiar, modesta ela, nin as becas podían permitir.

Traballaba no vrau. As súas notas poden vostedes imaxinalas. Só lles direi que tivemos a sorte, a miña dona e máis eu, de asistir en Santiago á súa exposición da tesis doctoral sobre Vilar Ponte. A mín, que leera un pouco sobre o promotor das Irmandades da Fala, deixoume pensando, sen tratar de minusvalorar a ninguén, quen sería o que sabía máis, se os examinadores ou o examinando. Por suposto cum laude.Tamén lles direi que o traballo de Emilio non é só sobre persoeiros viveireses, senón que publicou varios libros de poemas, que é o que mín máis me interesa da súa producción.Agardo,Emilio,esa túa sensibilidade enchendo de agrimo os corazóns dos lectores.Xa tiveches tempo, e iso que eu ben sei o que pasa neses eidos.

Non quero ser pesado nin abusar da amabilidade dos señores libreiros. Sei que estos actos están sempre saturados de persoas que gostan de expoñer,coma mín, a súa fiel amistade co homenxeado, polo tanto só permitirme pedirvos, veciños de Cambados, que sigades a tratar a Emilio como esa fermosa flor que tedes a sorte de disfrutar, que o seu traballo día froito tan fermoso nos vosos fillos como nos deron ós viveireses seus pais, Marisa e Lucho. E sen dúbida remato pidindovos para toda a súa familia, especialmente para súa Dona e Fillos, ese aplauso de gratititude por tantas e tantas horas de comprensión co enorme traballo que realiza Emilio.

A Él non lle digo nada .Xa sabe,sabedes, donde me tedes.Unha fonda aperta.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES