Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos somos Lorca

miércoles, 18 de mayo de 2011
En Galicia tamén sabemos de terremotos, aínda que non tan tráxicos.
Tiñamos conciencia secular de que Galicia estaba libre deste tipo de desastres, porque as zonas sísmicas de España quedaban moi lonxe. Pero nos anos noventa tivemos a evidencia de que ninguén está libre, por principio, de que a terra treme e se asente nas profundidades baixo de nós, e poida provocar unha traxedia.
Os terremotos que tiveron o seu epicentro en Becerreá, causaron o pánico especialmente nas terras lucenses, e non causaron máis ca danos físicos pero deixáronnos marcados como zona sísmica, bóteselle a culpa ós embalses que modifican a xeografía, ás fallas que cruzan estas vellas terras, e de xeito especial ó carácter dinámico do globo no que vivimos, que de cando en cado evidencia vida interior da que nos quere facer partícipe.
Os terremotos e as catástrofes lonxanas impresiónannos pero non chegan a arrepiarnos, que as distancias fan diminuir os impactos. Pero cando ocorren á nosa beira, con xente nosa, entón cobran unha dimensión especial.
Lorca está moi preto, pertence a unha comunidade irmá, e sofre dous terremotos de graos moi semellantes ós galegos dos anos noventa, pero os resultados foron moito máis catastróficos, xa porque os epicentros foron máis superficiais, xa porque as construccións galegas son moito máis segura.
Os lorquinos deron estes días infaustos mostra de resistencia, de saber sufrir, de compartir a escaseza, de civilidade. E están a recibir a nosa solidariedade, e a axuda de todo tipo de institucións que poden aportar solucións temporais e materiais para as carencias que o desastre producíu.
Pode ser porque están moi preto, porque son “coma nós”, porque entendemos que dalgún xeito tamén nos afecta de xeito directo, pero o certo é que podemos dicir que “Todos somos Lorca”, precisamente porque todos sentimos moi dentro que “o de Lorca” nos afectou de xeito moi directo, e que nos chegou moi dentro.
Quede constancia da nosa solidariedade, e da admiración que nos produce un pobo que –ferido de morte- evidénciase ferido de vida, con inmensas gañas de vivir, estóico, sufrido, que sabe que despois dunha traxedia coma esta, o único camiño é o de resistir e seguir camiñando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES