Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hoxe, 17 de maio

martes, 17 de mayo de 2011
Hoxe, os galegos facemos festa polas nosas letras. Desde 1963.
Os creadores da festa son xa historia – Fernández del Riego e Gómez Román- ó ter conseguido naqueles difíciles tempos que a Real Academia Galega proclamara, e as autoridades competentes toleraran, a existencia dun día anual dedicado a unha lingua propia de Galicia, que resultaba proscrita oficialmente sen que existise ningunha norma que o establecese.
Naceu asi hai agora hai 48 anos a Festa da Lingua, que cada ano vai homenaxeando a un grande das nosas letras, entendido do xeito máis amplo, que cronoloxicamente comeza cos trobadores medievais e Alfonso X o Sabio o das cantigas, e chega ata o novísimo Lois Pereiro, que morreu en plena mocidade deixándonos en herdanza un cento de poemas que hoxe soben ó podio das nosas letras para ser declarados inmorrentes.
Que o día sexa festivo oficialmente, a todos os efectos, réstalle celebración efectiva na mesma xornada, como xa temos proclamado. E por eso as máis varias celebracións populares ou educativas téñense feito en días previos, pero este feito non lle quita o máis mínimo á intención que o Día proclama, nin ó incardinemento da festa dentro da cultura e do sentir dos galegos, e todos temos conciencia de que grazas a este día, grazas a todos os días coma este que o precederon, a nosa lingua ten hoxe o valor que para nós ten, a presenza en todos os ámbitos da nosa vida, a consideración que nos merece, e a fermosa literatura que ten orixinado antes e agora, con promesa de seguir proporcionando no futuro pequenos ou grandes momentos de gloria dunha lingua que xa señoreaba os ambientes cultos da península Ibérica varios séculos antes de que as nacións que a compoñen tivesen noción de si mesmas.
Hoxe, 17 de maio, estamos de festa todos os galegos. ¡Felicidades a todos!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania