Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A loita de Lois Pereiro

Blanco Torrado, Alfonso - lunes, 16 de mayo de 2011
Neste día de festa cómpre celebrar a obra de Lois Pereiro (1958-1996), poeta, pensador, creador polifacético…

Coñecín a súa obra, por primeira vez, a través da música de Radio Océano, no Festival de Pardiñas, no 1987. O grupo liderado polo seu irmán, “Johnny Rotring”, nome de guerra, que naquela noite maxica cantounos “Terra Chá”: "Eu son un labrego da Terra Chá que usa calcetís de lá. Por mor da friaxe mais da humidá uso calcetís de lá", un dos clásicos máis coñecido do noso rock. Pero foi Manuel María o que me iniciou na traxectoria vital de Lois, naquelas andaduras por Monforte, o seu berce.

Ensinoume a casa e a cristalaría na que traballou co seu pai. A súa nai foi mestra na Támoga de Cospeito.

O “Poeta da Terra Chᔠpresentoulle os seus poemarios na cidade de Lemos: Poemas, 1981/1991 e Poesía última de amor e enfermidade. Antes editara nas colleitas De amor e desamor, poetas relacionados coa cidade de A Coruña, na que vivíu e morreu.

Un daqueles vates da Xeración dos 80, é Miguel A. Fernán Vello, da Feira do Monte, un dos seus editores. Lois foi un dos guieiros daquela estética vangardista que irrumpiu no país, en publicacións coma “Luzes de Galiza”, que coordinaba o ensaista vilalbés Antón Baamonde, un dos pioneiros do pensamento crítico entre séculos…

Pero, foi Díaz Castro, un dos seus poetas preferidos, co que se atopou, por azar, nun bar de Madrid. Hai moitas e moitos máis, tamén chairegos, que camiñamos á par deste autor, anónimos, pero sempre enfortecidos polo seu espírito de loita.

Cando a Academia decidiu o seu nome, para algún era un descoñecido, para outros abrira unha fenda nun sistema monolítico que só crea tedio e desesperanza. Acertan os que nestes días enchen as rúas co clamor dunha das consignas do poeta: “A indiferenza mata”, urxindo a reivindicar xustiza e igualdade nesta sociedade desilusionante, tamén a través da escrita, por iso, lendoo, estamos a conquistar espazos de liberdade, fronte á opresión dos mercados financieiros. A celebración, o “Vento Lois”, ten tanto eco na rua: grafittis, videopoemas, música…, porque responde a unha demanda popular. Lois adiantouse dun xeito lúcido ó libro”best seller” arestora: “Indignadevos” de Hessel.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES