Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ave, Ave!

viernes, 13 de mayo de 2011
Os tempos non son claros para os grandes investimentos públicos, e posiblemente as grandes autovías das que disfrutamos, se non estivesen rematadas terían graves problemas para ser realidade.
O tema do Ave é aínda unha grande incógnita para Galicia, a pesar de todas as promesas, de todas as convocatorias ou adxudicacións, a pesar de todo. Esquezamos as despreciables opinións que dubidan da rendibilidade desta instalación, formuladas por quen disfruta deste servizo desde hai tempo, e teñamos presente que Galicia – independemente doutras comunidades- é unha autonomía gravemente lesionada por comparación con outras que resultan preferidas polo poder central á hora de beneficiarse de servizos primordiais.
Teñamos, pois, en conta, que levamos case vinte anos de atraso en relación con outros territorios, e temos total dereito a que esta lonxana Galicia se vincule de xeito civilizado, por tren, cos centros de poder estatal e de decisión económica.
O Ministro Blanco, galego en Madrid, saca peito cando fala do Ave para insuflarnos confianza en que por fin imos disfrutar deste sistema de transporte. Fálase de 2015, e témese que resulte 2018. Pero aínda así fálase de certos lugares de Galicia, e non se fala doutros. E cando se afirma de que desde Ourense a Madrid serán pouco máis de dúas horas, dúas e media desde Santiago e tres desde A Coruña e Vigo sónanos a ciencia-ficción pero non perdemos de todo a confianza.
Pero quedamos teimando en que é moi extraño que desde A Coruña e Vigo, para Madrid, haberá que pasar por Santiago, o que resultaría ben chocante se se falase de transportes por autovía. E de Lugo non se fala, pasando lixeiramente polo tema, esperando que o tempo discurra. Eso a pesar de que Blanco ten Lugo como lugar para facer campaña e sempre como plataforma.
Se se aplicase a este tema, neste momento, a tradicional disposición de Galicia e os galegos para o conformismo, podería parecer que aínda a solución do 2018 é admisible, e que os silencios sobre algúns aspectos terían solución máis ou menos tarde.
Pero agora e aquí non caben medias tintas. Ou ven o Ave ou non ven. Ou ven para todas as grandes cidades, ou non. Dígasenos claro o que proceda. E cúmprase despois.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania