Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Paro, na obra de Manuel Rodríguez López

jueves, 12 de mayo de 2011
O Paro, na obra de Manuel Rodrguez Lpez Nestes intres de inestabilidade económica faise de novo actualidade a poesía de Manuel Rodríguez López, poeta obreiro e Fillo Predilecto de Paradela, emigrante e cronista dos galegos en Barcelona, que nos deixou físicamente no ano 1990.

A poesía “Contrato” foi escrita a finais da década dos 60 e incluida no libro Soldada Mínima, que se publicou con retraso en 1979 por mor da censura.

CONTRATO DE TRABALLO EN PERCURO,
dempois de longas camiñatas
polo arrabal fabril,
deche, ó fin, cunha porta franca.
As túas maos calosas
garabetearon nomes, datas;
namentras remuiñábanche
mil ideas na ialma:
Xornal, fillos, muller,
termar da casa,
catro meses baleiros,
comendo bágoas
porque a Crisis deixárate na rúa
sen doerse das entrañas...
Xa tés onde gañar o pan.
Traballas,
inda que a loita sigue
e as mouras inquedanzas;
que soio por tres meses
as túas maos contratan...

Os días voarán. O Paro,
cal noxenta pantasma,
con gargalladas cínicas,
AGARDA!

Do libro “Manuel Rodríguez López. Poesía completa”. Espiral Maior, 2009.
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES