Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora, hai créditos

jueves, 12 de mayo de 2011
Despois dun tempo ben difícil para que as pequenas empresas e os particulares puidesen obter créditos, agora si que interesa ás entidades concedelos, e mesmo a nova Caixa celebra actos públicos de presentación dunha campaña para concedelos.

O certo e que as restriccións vividas ata agora non só crearon importantes dificultades ás pequenas empresas que precisan de instrumentos crediticios para o seu normal funcionamento, senón que ó restrinxirse os créditos ó consumo non só fixo que as compras fosen menores na mesma medida senón que contribuíu a que aumentase o aforro, e que os que poderían seguir coa vida normal sen maiores alteracións restrinxen compras e investimentos como medida de precaucación diante de tempos imprevisibles.

Enmárcase este novo alborear de portas abertas dalgunhas entidades bancarias coa nova de que a gran banca gaña en España algo máis de corenta e un millóns de euros ó día, que aínda así representan unha baixada de máis do sete por cento nos beneficios habituais. Desto non di nada o Banco de España, que si en cambio di que é preocupante que os salarios suban un mísero tres por cento, e anuncia unha subida dos intereses a percibir por estas entidades.

Nin é doado entender ás veces a conducta do antigo Banco Emisor e agora conciencia económica do país, nin comprender os comportamentos e estado das entidades bancarias e de aforro, que superan todo tipo de obstáculos e fan recaer sobre todos nós as dificultades que presente o panorama económico xeral, e os seus propios problemas.

Agora, haberá crédito para pequenas empresas e particulares. Agardemos que non sexa tarde, e atope ó mercado desafeito do que é un mecanismo imprescindible para o funcionamento normal de calquera empresa ou familia, que tanto tempo sen fluir causou colapsos difíciles de comprender e dixerir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES