Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nucleares

miércoles, 11 de mayo de 2011
Hai concellos que teñen declarado o seu territorio como “non nuclear” tanto polo que se refire ó presente como ó futuro. E algún, como ven de facer Tui, pretende que esta declaración a formule a Xunta de Galicia, non só para aquel concello senón para todo o territorio autonómico.
A enerxía nuclear está no punto de mira de todos os colectivos ecoloxistas ou partidarios de enerxías menos conflictivas e “naturais”, vindo de lonxe o conflicto, que xa nos lonxanos tempos dos gobernos da UCD Galicia encheuse de pintadas que proclamaban “Nucleares, nin na finca de Suárez”, e a presunta instalación dunha central nuclear en Xove provocou un conflicto social intenso e longo.
O problemas das nucleares en Xapón, despois de ser afectadas as instalacións dunha central por un terremoto e conseguinte tsunami veu poñer de novo de actualidade un conflicto sempre latente, que en Europa ten tratamento vario, e as autoridades competentes van deixando enfriar porque nunca se sabe que vai acontecer no futuro, e se un xuizo responsable da situación enerxética vai permitir poder prescindir radicalmente dun sistema que se afirma non é máis perigoso que calquera dos outros, sempre que non ocorran catástrofes imprevisibles, que do mesmo xeito poderían afectar a outras instalacións produtoras de enerxía como os embalses que tanto abundan na nosa xeografía.
Os vertidos nucleares preto das nosas costas, a necesidade de contar con cemiterios para os residuos que nas centrais se producen, o peche ou mantemento das instalacións existentes forman parte dos nosos conflictos permanentes, aínda que non nos afecten de xeito directo e inmediato.
As nucleares teñen dado moito que falar, tamén en Galicia. E seguirán sendo tema de debate, porque entre as moitas cousas que as crises e as necesidades obrigan a poñer en tela de xuizo, as enerxéticas non son as menores. Temos aquí, é ben certo, moitas outras enerxías procedentes do mar, da terra, do vento ou do sol. Pero o mundo nuclear é un mundo de futuro que, seguro, ten aínda moito que dicir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES