Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Euros por Xapón

martes, 10 de mayo de 2011
Na nosa conciencia colectiva, Xapón é un dos grandes da economía mundial, feito a si mesmo despois da última Gran Guerra, baseando o seu extraordinario crecemento na inventiva, no traballo, na constancia dunha nación que sabe de sacrificios, de riscos e sufrimento.
Que agora veña de sufrir unha catástrofe descomunal, e determinadas zonas da súa xeografía precisen urxentemente axuda, non diminúe en nada o potencial deste país, a súa capacidade de rexeneración, e as súas posibilidades de futuro.
Por eso causa extrañeza a campaña que xorde en Galicia pedindo ós galegos “un euro por Xapón”, para contribuir a paliar os seus problemas, cando eses problemas corresponden a un goberno e a unhas xentes que teñen unha infinitamente maior capacidade económica que os doantes que desexen participar no ínfimo desembolso.
Aportar dólares de Galicia cara a Xapón, ven ser como se se tivese feito unha colecta neste pais para os damnificados de Nova Orleáns ou para as victimas do 11 S. Diferentes serán as aportacións, se existen, por parte de gobernos e institucións que nunn momento de apuro, faciliten solucións determinadas para determinadas carencias – medicinas, persoal especializado... – que nunha catástrofe non se poden conseguir con diñeiro, e a urxencia da situación require que paises amigos aporten medios que reforcen os propios, nunca abondos para situacións de emerxencia extrema.
Pedir euros para o Xapón, por moi grave que sexa a situación nunha desas zonas ven ser como se no país máis pobre da África profunda fixesen unha colecta para solventar un problema dos galegos que, mal que ben, imos camiñando aínda con atrancos máis ou menos salvables.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES