Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concerto de grilos

martes, 10 de mayo de 2011
Segue a grila a cantar preto do seu buraco no monte de Barricobos mentres o sol empeza a acochar tras a Chaira. Uns metros á dereita contesta o grilo con voz de Camilo Sesto, que seica está durmido; segundo Ángela Carrasco que lle pide que durma ben que ela vixiará o seu sono en "Xesucristo Superstar".

Ante a ocorrencia do narrador (o saltón), por meter esa ópera rock polo medio, o grilo e a grila escachan a rir. Rin tanto que a laverca, que estaba nunhas carpazas da Porfía, levanta o voo e preséntase nos penedos de Barricobos para contemplar o concerto da parella de ortópteros.

Coa emoción, a laverca deixa caer unha cagada sobre o escudo do Real Madrid que un mozo esculpira no século pasado. Nese momento retumba un trono e os grilos foxen espavorecidos cara ás súas casas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania