Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tamén o D.O.G.

lunes, 09 de mayo de 2011
O Diario Oficial de Galicia naceu coa Autonomía, para dar validez oficial á normativa dimanada da Xunta de Galicia, e todo este tempo ofreceuse ós particulares e institucións por medio de suscrición nas dúas versións de galego e castelán. E do mesmo xeito que viñeron coexistindo boletíns do Estado, das provincias, das autonomías e das comunidades europeas, a impresión en papel era a única forma legal de publicación da complexa normativa que nos afecta.

Pero o tempo vai marcando a súa lei inexorable, e Internet vai entrando cada vez máis nas nosas vidas de xeito que, sabendo que a impresión en papel vai permanecer, e debe facelo porque o libro é un fenómenos varias veces centenario que debe seguir tendo papel vixente e primordial na nosa sociedade, hai determinadas áreas nas que a Rede vai sustituir procesos que parecían incardinados na sociedade para nunca desaparecer.

Un a un, os boletíns oficiais van morrendo en edición física, e cobrando legalidade definitiva na súa versión dixital. O último, polo de agora, o Diario Oficial de Galicia, que nestes momentos xa non existe físicamente, e si virtualmente regulado por unha Orde da Consellería de Presidencia do pasado vinteoito de abril.

Dentro dun tempo, e tendo en conta a facilidade con que nos afacemos ás innovacións, será o máis natural do mundo que non exista unha publicación diaria oficial impresa cando pode facilitarse instantáneamente, gratuitamente, universalmente a través de Internet.

O virtual vaise impoñendo na nosa vida paso a paso, momento a monte, dato a dato. Neste caso, é o Diario Oficial de Galicia que vive na Rede a disposición de todos os galegos do mundo a través do portal da Xunta de Galicia. A administración autonómica achégase máis ós administrados e facilítalles gratuitamente nos seus domicilios o conxunto de textos legais desde a súa creación ata o momento actual. Máis non se pode pedir. Pero é todo un símbolo no proceso no que todos estamos involucrados, de participar –e depender- cada día máis de Internet.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania