Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Meirás

lunes, 19 de julio de 2004
Cada verán, por mor das vacacións, paso polo contorno do Pazo de Meirás, que foi da Condesa de Pardo Bazán e que as institucións coruñesas, nun rapto de devoción política, agasallaron hai ben anos ó entón Xefe do Estado e "Generalísimo de los Ejércitos", Francisco Franco Bahamonde.
Coincideu coa época na que O Ferrol se chamaba El Ferrol del Caudillo. (Algúns chuscos chamábanlle -en privado, claro- "El Ferrol de Su Excelencia").
O Pazo sufríu un incendio do que ninguén tivo moito interese en sabe-la causa, foi case abandoado, parece ser que estivo en venta... E, por fin, estes días, serviu de marco dunha voda familiar na que foi protagonista un bisneto de Franco.
Despois de ser residencia de Doña Emilia, o pazo foi residencia de verán do entón Xefe do Estado, e nel celebráronse importantes xuntanzas ministeriais. Agora, o Pazo de Meirás parece pedir outro tipo de existencia. O sentir xeral é que debera pasar a propiedade pública e ter utilización institucional. Pero foi un agasallo público a unha persoa privada, que o deixou ós seus herdeiros.
O malo destes agasallos públicos é que co paso do tempo desaparecen as razóns que os motivaron, ou os tempos avanzan de xeito que non se entenden aquelas razóns.
Meirás hoxe é unha ruína, independentemente do seu estado. Meirás é a lembranza dun tempo que ninguén quere lembrar. Meirás é un fantasma do pasado que por unhas horas volveu á vida. Se a Familia Franco o devolvese, demostraría ter entrado no século XXI. Pero ninguén ten ningún motivo para coidar que son deste tempo nin viven no mundo real.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES