Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Verdades ao escambrón

jueves, 05 de mayo de 2011
Deixei de morder silencio para berrarlle catro verdades ao escambrón que se atravesara no carreiro. Quería pasar para buscar os soños que me quedaran de madrugada na almofada.

Non me deixaba.

Os seus picos escribíanlle cartas de amor ao sangue das miñas veas, e estas, pobres, choraban pingas cheas de ilusión que remataban deitadas sobre a algarabía máis silenciosa.

Como o escambrón seguía sen facer caso, sen deixarme pasar, pillei un fouciño de palabras molladas coas miñas bágoas.

Cortei a carraxe que me quería levar ao inferno. Fixen un pequeno buraco polo que pasei ás páxinas finais da miña novela
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES