Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conductoras

viernes, 16 de julio de 2004
Vivimos tempos de cambio. Radicales. Necesarios. Tempos nos que as verdades, as crenzas, os roles... mudan, afortunadamente.

Galicia, sociedade matriarcal onde as haxa, foi nembargantes autoritariamente patriarcal se ben as mulleres exerceron secularmente a súa benéfica influencia.

As barreiras van caendo paso a paso; muro a muro. A incorporación das mulleres ós máis diversos estamentos da sociedade foi producíndose pouco a pouco, sen presa pero sen pausa.

Un dos últimos muros derrubados ten relación co tráfico e a conducción. O machismo imperante pretendía que os homes -por tradición, por costume...- conduciamos moito mellor que as mulleres.

Un recente estudio bota por terra esta suposición ó establecer que a muller conduce mellor, aparca mellor, é máis segura na conducción e ten menos accidentes que os conductores masculinos.

Os que sabemos que o "sexo forte", se o hai, é o feminino, cremos firmemente que o estudio seguro que ten razón.

Vivimos tempos de cambio. Os que temos que cambiar -mentalmente; urxentemente- somos nós, os homes.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES