Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Ourol

miércoles, 04 de mayo de 2011
O pasado marzo foi noticia que unha nena de Ourol (Lugo), de oito anos de idade, ten que recorrer diariamente un kilómetro para chegar ó autocar escolar que a leve ó seu colexio. A estrada que une ó seu domicilio co punto de paso do autobús non permite o paso do vehículo escolar desde que a destrozou o Klaus, e desde Sabucedo ó Sixto teñen que camiñar porque o Bus non pode entrar.
Situacións coma esta fanme retroceder no tempo, máis ou menos cincuenta anos, cando os meus veráns en Ambosores (Ourol) me facían coñecedor daquela realidade.
E o máis normal do mundo –daquela Ambosores non tiña máis que un camiño de carro, que logo foi de tractor- era acudir a pé á escola desde todas as aldeas da parroquia. Viñan a pé desde a Ferraxosa os fillos de Restrebada, baixando a empinada costa cara o río para logo subir pola Panda de Acibeiro cara á Igrexa e a Escola. Como mínimo, dous kilómetros e medio. Viñan os da Ribeira, e José Antonio da Pena, que o tiñan máis doado pero era maís dun kilómetro. E subían os da Veira da Fraga, meus parentes, así como un kilómetro. E os da Carcallosa, e os de Santar de Arriba e Santar de Abaixo. Daquela era o maís natural do mundo ter que camiñar cara á escola, fosen cal fosen as condicións climatolóxicas, chovese ou nevase. Posiblemente por eso saímos tan duros, eles máis ca min que só coñecía teóricamente o problema, que en Vilalba eu tiña a escola a trescentos metros da casa.
Pero, o que hoxe sería impensable, eu fun só a escola desde que tiña tres anos. Daquela non había outro perigo que os tropezóns como o que tiven nunha esquina coa filla da Socorro do Luta, á que deixei desmaiada na rúa.
Como os tempos non son os de hai medio século, Noelia, de oito anos, precisa solución para o seu problema. E ó mellor, agora, que me acordei dela, xa o ten.
Ourol é unha das terras lucenses máis lonxanas, máis despoboadas, pero tamén máis fermosas. Alí vivín algúns dos momentos máis felices da miña vida. Claro que daquela eu, á vida, tampouco lle pedía moito.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania