Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bin Laden

miércoles, 04 de mayo de 2011
Desde o Preguntoiro: Bin Laden

Canto máis fame hai no mundo, máis circo para poder entreter, “panem et circenses”.

Toda esta historia da morte de Bin Laden fede a fraude, a guión de Holywood. A sarta de mentiras que están a difundir é directamente proporcional á capacidade dos medios de información para obedecer ás ordes dos seus amos, se tiveramos uns xornais realmente libres, en vista dos desmentidos e contradicións que está habendo en moi pouco tempo, deberían negarse xa a participar nesta farsa.

¿Onde están as fotos do morto?. Fixeron como o das chaves do “Matarile”, no fondo do mar. A que están a presentar nos medios Televisivos non ten credibilidade ningunha, esa montaxe tan “borde” o fai o máis parvo do pobo en foto-shop. ¿Porqué nada se di que falsificaron e fixeron unha montaxe desa foto… tómannos por imbéciles?. Isto asemella a unha das súas películas americanas… de repente está morto, sae unha foto antiga de proba e agora o cadáver desapareceu, o guindaron ao mar mirando á Meca. Deberon esmerarse un pouco máis e poñer a foto de Gaspar Llamazares.

Se USA non tivera nada que temer, o apresarían vivo. ¿Que queren ocultar con esta morte?. Nun xuízo público á opinión pública internacional coñecería moitas cousas que aínda hoxe atópanse na incógnita: o das Torres Xemelas; as relacións de Bin Laden coa CIA da que recibiu adestramento e información; as relacións económicas con familias como a de George Bush e outras familias da elite de EEUU; que actos de sabotaxe e terrorismo foron coñecidos e recibiron o visto bo da CIA; en que paraísos fiscais tería os recursos Bin Laden, e moitas preguntas máis que quedarán caladas para a historia. Non encanto, o máis importante con esta morte tan rendible é que, prívase ás vítimas e a súas familias de coñecer a verdade nun xuízo. Menos mal que aínda nos queda Wikileaks.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES