Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha soa soidade

viernes, 06 de mayo de 2011
Nunca se fala da soedade nos nenos, que nunca están sós, xa que nos esforzamos en acompañalos, formalos, axudalos. A soedade queda para a vellez. E moitos dos nosos vellos están, voluntaria ou involuntariamente, tremendamente sós. Ás veces, aínda que estean rodeados dunha multitude.

Os movementos sociais dos últimos tempos propiciaron esta soedade, iniciada nos anos sesenta coas correntes migratorias que despoboaron as nosas zonas rurais e fixeron que milleiros de mozos galegos fosen traballar a Suiza, a Alemania, ou – dentro de España- a Madrid, Barcelona ou Bilbao.

Nas aldeas quedaron moitos mozos que agora non o son, porque confiaban aínda na terra, porque non querían aventuras, ou porque estaban máis fortemente enraizados. E as aldeas foron perdendo habitantes ata chegar a estes tempos nos que en moitos lugares queda un só habitante, resistente ó tempo e a todo tipo de chamadas, que agarda polo fin dos días no contorno que o viu nacer.

A Sociedade Galega de Xerontoloxía fixo público que dos 185.000 maiores de 80 anos que temos en Galicia, case a terceira parte – 56.000- viven sós ou con outros maiores coma eles en núcleos do rural galego de menos de cincocentos habitantes. E se baixamos un escalón na idade, e falamos de maiores de 65 anos, de un total de 620.000 persoas galegas nestas idades, 350.000 viven soas ou con xente igualmente maior.

Co cal resulta que o problema da soidade da xente maior non só non se vai ir remediando senón que se agudizará segundo pase o tempo, coa conseguinte necesidade de atención polos poderes públicos, de residencias, de atencións en domicilio, de investimentos que moi posiblemente as institucións locais non están en situación de afrontar.

A vida nas cidades, pequenas ou medianas, non deixa ver o problema do envellecemento do campo no que languidecen multitude de soidades imposibles de conxeniar, de harmonizar. Porque a soedade pode sentirse no medio dunha multitude, pero máis se sinte na inmensidade do noso rural que pasou en poucas décadas dunha superpoboación a un deserto humano.

Boa tarefa para as institucións públicas, para todas, empezando polos concellos que agora se renovan e rematando na Xunta. Para todas e todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania