Os Maios no primeiro de Maio
Mourille Feijoo, Enrique - lunes, 02 de mayo de 2011
Todos vostedes saben moi ben qué é todo isto da Festa dos Maios. Non é preciso, penso, unha descripción polo miudo.
Daquela o venres pasado lin no xornal La Región de Ourense: O domingo terá lugar na cidade unha das celebracións máis tradicionais e populares de Ourense, a Festa dos Maios, que rinde homenaxe á primaveira e que está declarada dende o ano 2001 Festa de Interese Turístico da provincia. O día grande da festa será o domingo, día 1 de maio, no que haberá una serie de actos. A exposición das típicas construccións da festa ocupará parte da rúa do Paseo até os Xardíns do Pai Feijoo, rúa Lamas Carbajal e na Praza da Santa Eufemia.
Levado polo sentimendo de admiración e agradecemento aos costumes do folck da miña terra, e xa saben vostedos todo iso que se di neste casos, alá me vou eu todo contentiño. Despois de atravesar o Parque de San Lázaro, percorrida media Rúa do Paseo, case toda ela, eu non vía nada do que me dixera 'La Región' que ía haber. Comezaba a chover. Eso si, aló no fondo, sombrillas haber habías. Bueno, dixen para min, se cadra é isto. Tamén pensei que, como era O 1º de Maio, ao mellor Os Maios foran ás manifestacións e arestora estarían de resaca da cogorda de costume. E botei para adiante
E si, á beira xa dos Xardíns do Pai Feijoo, alí estaban Estanislao Reverter e seu copiloto feitos uns maios, A Leiteira do Paseo, feita un maio, O Agro, feito un maio, un cabaceiro, feito un maio, un xogodor de Rucby, feito un maio
sete ou seis maios máis en tono menor, e máis xa non vin. Non os había. Abondaba aquelo para una Festa de Interese Turístico Provincial? Se cadra si, se cadra non. Por una parte xa ves, por outra que queres que che diga. De tódolos xeitos quero agasallar co parabén, sobre todo aos artistas do Daufhine e os seus pilotos, aos da Leiteira, aos do Agro. E ás Ampas e Asociacións que os animaron a facer tales cousas. Sempre as Ampas
Xente por alí non había moita, que digamos. Quero dicir, case que ningunha, esaxerando, claro.
Bueno. Seguin o percorrido, porque agora viña a Rúa Lamas Carbajal, e esta rúa sempre lle di algo a un ourensán de á pé ou de cadeira, por mor, hoxe, do seu Catecismo do Labrego.
Dende ela, albisco uns ferros aló na Plaza de Santa Eufemia. ¡Peligro! Claro, non podía faltar un palco de ferro e cheo de
decibelios, aínda que fose unha festa de agro, con maios feitos de xestas, musgo e vexetais moitos. Era o palco da Organización
O Palco do Concello de Ourense 2011, con letras ben grandes. E dende el, por diante dun grupo de meniñas cantareiras que prometían, escoitei dicir o speaker-¡outra!: antes do fallo do xurado desta Festa do Maio 2011, que prentende recuperar as raíces culturais do noso
Bla, bla, bla.
As badaladas da igrexa de Santa Eufemia encetaban a noitiña e ríanse estéticamente do espantallo da rúa, coido eu. Collín un pitillo, acendino, e seguín a mirar dende lonxe o espéctaculo rural no urbán da progesía cultural do nabo snob e oportunista. Alí algo non ía. Non funcionaba. Alí, algo non tiña vida nin sentido.
As cantareiras, recordando a liturxia antiga da festa esta, ceibaron o canto
Ben só por elas e por quen dixen antes
Pero eu xa andaba Rúa da Paz adiante, con outra copla de Curros Enriquez na cabeza:
Alí ven o maio
De frores cuberto
Pasai, rapaciños,
Calados e quedos
Cantádeme un maio
Sin bruxas nin demos;
Un maio sin segas
Usuras nin preitos,
Sin quintas nin portas
Nin foros nin...
Chegado habrá entonces
O maio que eu quero.
Decátome, cada cousa a ao seu tempo. Pero
¿ que queren vostedes que eu lles diga sobre a traslocación das empresas, sobre o xeito que ten o cuco de pór os ovos , ou sobre unha cousa ou outra?

Mourille Feijoo, Enrique