Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espectáculos

martes, 15 de junio de 2004
O video ía matar a estrela da radio, e non a matou. Pero pegoulle un tento ó cine. Non conseguiu acabar con el, pero a escala local este e outros fenómenos remataron con milleiros de pequenos cines vilegos que hoxe son só unha lembranza.
E sen embargo, o cine invade os medios de comunicación, consegue aseistencias - e polo tanto recadacións - millonarias, e nunca brillou tan alto nin tan forme como na actualidade.
¿Que fixo, pois, que os pequenos cines de barrio, case de aldea, fosen desaparecendo? Desde a especulación inmobiliaria que os barreu a centos á competencia de videoclubes, á imposible programación á altura das capitais de provincia ou de comarca que atraían - gracias ás maiores posibilidades de desplazamento- a espectadores do contorno.
E sen embargo, ahí está a expectación que o cine segue a provocar, forzando a que cando o tempo o permite se fagan proxeccións ó aire libre nos pobos que deixaron morrer os seus locais de cine.
Un dos espectáculos de verán nos pobos con actividade son as proxeccións cinematográficas nocturnas ó aire libre. Parece un contrasentido, pero están ahí.
Do mesmo xeito, aínda que aquí funciona outro tipo de mecanismos sicolóxicos, agora son espectáculos as mallas, que tempo atrás eran dos traballos máis fortes - e de máis ledicia- do ano do labrego.
En fin: espectáculos no verán, para marcar distancias cun tempo que se foi, que para moitos xa é historia.

X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES