Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vinte días vista

lunes, 02 de mayo de 2011
Na xa esquecida antiga linguaxe comercial, a existencia dun efecto a determinados “días vista” significaba que debía terse en conta o vencemento dunha operación comercial que obrigaba a un determinado pago nunha data prevista. E nesa data, ou se acudía á entidade bancaria para efectuar o pago en metálico ou se cargaba na conta corresponde ó “librado” ou pagador.
Todos temos un papel bivalente – como acreedores e como debedores- que hoxe precisamente resulta ser “a vinte días vista”. Porque ese efecto, para todos os galegos, para todos os españois, vence o próximo vintedous de maio, domingo, nunha cita ineludible para todos nos comicios municipais que renovarán os 315 concellos galegos.
Somos todos debedores, que a vinte días teremos que pagar: a entrega do noso voto, pronunciándonos sobre a opción que coidamos mellor para que defenda os nosos intereses durante os próximos catro anos. Pero tamén somos acreedores en relación cos que nesa data resulten elixidos, xa que deberán resultar dignos da nosa confianza, e cumprir honradamente coa elevada tarefa que depositamos nas súas mans.
Mentras este vencemento se produce, moitos movementos se van producir no noso arredor, tanto institucionais como privados. Moitos chamamentos imos recibir para o pago desa nosa “débeda”, para que cumpramos co noso deber de participar nunha xornada que - como todas as electorais- vai ser histórica. Moitas declaracións e promesas imos recibir dos que van resultar nosos debedores, de que cumprirán escrupulosamente co noso mandato. E debemos cumprir coa nosa obriga, e debemos ter fe en que o noso cívico comportamento e confianza nos votados non se vexa defraudada.
Vinte días é un período moi curto, aínda que habendo unha campaña política polo medio poida parecer moi longo.
Desempeñen os políticos o seu papel axeitadamente, antes e despois desa data. Que o 22 M nós, todos, cumpriremos co noso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES