Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imagoloxía vs Ideoloxía (cóxegas)

viernes, 29 de abril de 2011
SOMNUS NOCTURNIS FALLIT IMAGINIBUS (Tib.), o sono engáname con nocturnas visións ou pantasmas. Entón, admirable Albinus Tibulus, hai moita xente durmindo, porque todas as actividades sociais, políticas e económicas, en sentido amplo, están comprometidas coa IMAGO, coa imaxen, coas pantasmas a moda. Hoxe en día chega a tal grao a preocupación por ofrecer a imaxen adecuada en cada saída da mera privacidade, que xa se empeza a falar da IMAGOLOXÍA e dos imagólogos con verdadeira paixón, pois o importante, cando saímos ó escenario público, é dar a imaxen que corresponda, non ó que SOMOS, senón ó que soñan as xentes que DEBERÍAMOS SER

Pois ben; xa temos tamén estudosos que se dedican a establecer comparacións entre a imagoloxía e a ideoloxía, e, certamente, non deixan a esta última nunha posición moi afagadora. A este respecto, Milan Kundera dí que “o que quedou de Marx fai xa tempo non constitúe un sistema lóxico de ideas, senón apenas unha serie de imáxenes e consignas suxerintes (un obreiro que sorríe cun martelo, un home negro, un branco e un amarelo que saúdan fraternalmente dándose a man, a pomba da paz que bota a boar cara ó ceo, etcétera, etcétera)”, e, polo tanto, “podemos falar xustificadamente da gradual, xeral e planetaria transformación da ideoloxía en imagoloxía”, páx. 140, da súa obra “La inmortalidad”, Ed. Tusquets, 3ª ed., 2.000, Barcelona, cita traducida ó galego polo articulista. Penso que esta cita non necesita de explicación, e sobre todo cando corresponde a un antigo comunista.

Sen dúbida, a imagoloxía apoderouse das ideoloxías, que hoxe están descafeinadas, en situación “crepuscular”, como diría Gonzalo Fernández de la Mora: O proletariado non se empobreceu, senón que logrou ir en coche o seu traballo; o cotifado CAMBIO xa non leva a unha sínteses superadora, como presaxiaron Hegel, Marx e Engels, senón a un continuo moverse dun lado a outro: de esquerda a dereita, pasando polo cobizado centro dende un extremo e dende o outro, con avances e retrocesos que nada teñen que ver coa evolución; a VERDADE é unha creación das sondaxes de opinión; a REALIDADE deixa de ser realmente real, para ceder o espazo o realmente VIRTUAL, …

Así, pois, paciente lector, aínda que os feitos quebrantaron o vigor das ideoloxías (por outra parte, en constante empeño creativo e de improvisación), penso que foi a imagoloxía a que lles deu o golpe de graza, porque logrou facerse insubstituible nos pazos do poder, nos despachos das axencias publicitarias, nas oficinas de todo tipo de deseños, no LOOKING que ofrecen as perrucarías, e, como dí o autor citado, nas alcobas das “estrelas do SHOW BUSSINES, que ditan a norma de beleza física a que se someten todas as ramas da imagoloxía”.

Comparten o contido destes parágrafos?. Non poido esperar que sexa así: Os cidadáns incorporados a marcos ideolóxicos que xustifican teóricamente a súas actitudes no exercicio de actividades políticas séntense cómodos sen as autocríticas revisionistas e pasan do sentido mítico que poidan ter ó que deviñeron nos nosos tempos. Lembremos algúns:

A marabilla dunha sociedade sen clases cun proletariado como paladín e suxeito, á vez, da transformación, e todo así de fácil…, pois o salto cualitativo prodúcese por mera concentración do cuantitativo. Corresponde isto, sabido é, o marxismo, que prognosticaba unha sociedade comunista despois dun corto período de ditadura do proletariado. Tal parece isto o Mundo das Ideas (Cosmo Noetós), de Platón, ó alcance da man, sen que os cavernícolas teñamos que refregar os ollos, cegados por tanta claridade, nin facer esforzos para que os demorados nos crean (Ver Mito da Caverna), porque os pasos son graduais e incruentos (Léanse a Historia Contemporánea)..

Tamén os feitos ofrécennos unha especie de epoxé husserliana: Despoxarse dos outros (metelos entre paréntesis, cando menos), que non comparten a nosa fe nunha ideoloxía (tan científica ela!) e que carecen das nosas excelencias. Por conseguinte, procede DEPURAR e EXTERMINAR, conditio sine qua non para atanguer unha sociedade eficiente e san. Os artífices agora son os fascismos e nazismos, con Hitler a cabeza: Os fornos serviron para algo máis que cocer o pan e asar os cabritos: convertéronse en crematorios “purificadores” da raza.

Pero chega o liberalismo, interpretando o himno sagrado da NACIÓN, coa danza da técnica no escenario do xenoma humano, facéndolle chiscadelas o PROGRESO, polo camiño do ÉXITO e a diversificación intensiva do EROTISMO. E todo isto expresado mediante un simbolismo moi significativo, o COCHE, dentro do que medra a nosa realidade persoal e desperta a sinfonía dos desacougos competitivos.

E instalados nestes mitos, aínda nos queda facer alarde da nosa cultura. Non faltaría máis…!. No coche vai a Bella Otero. O seu lado Mme. Curie, acomplexada e minúscula. Podía ir M. Jackson, deixando o noso Severo Ochoa na estación do esquecemento. Que cultura a nosa…!. Estamos na presenza doutro mito?.

E…, como non!, os Ministerios de Cultura do noso mundo están a realizar verdadeiros esforzos económicos e de imaxinación (voltamos a IMAGO) , para distribuir a cultura en pastillas: eso si,sen efectos colaterais!.

Máis mitos?!. Xa non quedan, porque os placebos que elaboran os nosos políticos, ou os tratamentos sintomáticos dos nosos gobernos, son pseudomitos (con demasiados pseudos…!): bailes axilizadores da terceira idade, axuda a domicilio, ensinanza personalizada,--en valores, “palabras de Deus” en mans alleas-- , as axudas ós países subdesenvolvidos,…Todo isto, como é ben sabido, non ten capítulo na Mitoloxía, pero si o ten na Imagoloxía. E menos mal que aínda non temos un Ministerio para recuperar o ideolóxico no campo do imagolóxicio: Non…, agora estamos entretidos xogando a guerra…da sucesión!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES