Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A muller no día da Nai

viernes, 29 de abril de 2011
A muller no da da Nai Este domingo é o Día da Nai. Ou sexa, da muller; pois coida un que toda muller é nai, aínda aquela que, polas circunstancias que sexan, non chegou a enxendrar un fillo. I é así, porque elas albergan no más íntimo do seu ser a sensibilidade, a vocación e o espíritu maternal, con independenza do que a vida lle deparase; de igual forma que a que ten un fillo, e o perde, nunca deixa de sela.

Hai moitos anos chegou ao noso poder un escrito referido á muller. Foi copiado á man (aínda non coñecíamos as copiadoras) e quedou gardado nun caixón. Hai pouco, remexendo en vellos papeis, apareceo. E confeso que, ó relelo, tanto tempo despois, produciuuos unha certa emoción. O escrito, dí así:
Conta a lenda que ó principio do mundo, cando Deus decidiu crear á muller, percatouse de que esgotara tódolos materiais nobres formando o home, e non dispuña de mais. Ante o problema, e despois de fonda meditación, fixo o seguinte: tomou a redondez da lúa; as suaves curvas das ondas; a agarimosa adhesión da enredadeira; o trémolo movemento das follas; a esvelteza da palmeira; o tinte delicado das flores; a amorosa mirada do cervo; a alegría do sol e as bágoas das nubes; a inconstancia do vento e a fidelidade do can; a timidez da tórtola e a vaidade do pavo real; a suavidade da pluma do cisne e a dureza do diamante; a dozura da pomba e a crueldade do tigre; o ardor do lume e a frialdade da neve. Mesturou tan desiguais ingredientes, con eles formou á muller, e deulla ó home. Despois dunha semana veu o home e díxolle:--“Señor, a criatura que me deche faime desditado: quere toda a miña atención, nunca me deixa só, charla incesantemente, chora sen motivo, parece que se divirte ó facerme sufrir, e veño a devolvercha porque non podo vivir con ela”.

- Ben, contestou Deus, e quedouse coa muller.

Pasou outra semana, volveo o home e díxolle:

- “Señor, atópome moi só desde que che devolvín a criatura que fixeche para mín: ela cantaba e xogaba ó meu lado; mírábame con tenrura e a súa mirada era unha caricia; ríase e a súa risa era música; era fermosa á vista e suave ó tacto. Coidábame e protexíame cando o necesitaba; dábame dozura, tenrura, comprensión e amor sen condicións. Por favor, Deus, devólvema, porque non podo vivir sen ela!”.

“Xa vexo, dixo Deus, cómo agora valoras as súas cualidades; eso alégrame. Claro que podes tela de novo, porque foi creada para ti. Pero endexamais esquezas cuidala, amala, respetala e protexela, porque de non facelo así, corres o risco de perdela para sempre”.

¡Felicidade para as nais; ou sexa, as mulleres!.
-------------------
Garda un na memoria a que acaso foi a celebración mais brillante en Foz do Día da Nai. Era o ano 1968. Organizara a mesma a Asociación de Cabezas de Familia, existente na vila, da que era presidente Martín Jaureguizar . Co entón Cine Cageao abarrotado de público–entre o que se atopaban as rapazas e rapaces dos colexios, os maiores protagonistas- tivo lugar unha velada literaria, na que as flores e a poesía foron os elementos que deron vida ao acontecemento, ó que puxera broche douro o escritor don Ramón Fernández Mato, coa brillantez do seu verbo florido, tan ricaz en imaxes e metáforas. Ó remate del unha comisión da directiva foi á parroquia de Cordido para homenaxear á que, naqueles intres, era a nai mais vella do concello: Basilia Alvarez Saa, de 81 anos, viuva, nai de tres fillos. O acto, pola súa singularidade e brillantez, quedou por moito tempo na memoria colectiva. Hai mais de corenta anos…
---------------
Na foto, os directivos Martín Jaureguizar e Suso Fernández agasallan á nai mais vella.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES