Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Precios agrarios

miércoles, 27 de abril de 2011
Dúas noticias que se complementan proporcionan unha perspectiva contradictoria sobre o noso campo e as produccións agrarias. Dunha banda, está constatado que a renda do mundo agrario baixou un 26% nos últimos cinco anos, e doutra, que os produtos agrarios cando se venden ó público alcanzan uns precios catro veces superiores ós pagados en orixen.
Que a reducción da renda agraria se producíu de xeito dramático ven dado porque o agricultor segue a percibir os mesmos –ou menores- precios polos seus produtos mentras que os gastos incrementáronse de xeito exponencial nos últimos tempos, especialmente os combustibles e a enerxía.
Que os precios que o agricultor percibe se multiplican por catro cando chegan ó consumidor está otivado pola existencia dunha morea de intermediarios, e a lei que impoñen as grandes empresas de distribución comercial e de comercialización ó público.
Parece como se as administracións se abstivesen neste proceso de producción e comercialización, e impuñeran a súa lei as grandes compañías que controlan os precios dos produtos ou servizos que as explotacións deben adquirir, e a necesaria intermediación complícase innecesariamente gobernando o comercio as grandes superficies que impoñen prazos, condicións e precios.
No medio, o produtor agrario que ve mermados cada vez máis os seus beneficios, sen perspectiva de que a realidade cambie, e sen ningunha arma á súa disposición sendo o elemento máis imprescindible da longa cadea que vai entre o produtor e o consumidor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania