Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crecemento Insostible

miércoles, 27 de abril de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: CRECEMENTO INSOSTIBLE

Hai uns día saíu unha nova nos xornais falando do futuro proxecto dun Campo de Golf nuns terreos do marquesado de Rubiáns. De todo o que se comentou, o que máis estrañoume foi o da saída por “peteneras” dun membro de goberno do Concello de Vilagarcía aplaudindo este proxecto. Non se pode votar a lingua a pastar sen antes estudar con moita reflexión unha obra que vai ter un impacto ambiental imprevisible, cando estase a falar dunha zona rústica definida pola Xunta como Zona Forestal de Especial Protección.

Xa está ben de falar coa dobre moral aquilo de crecemento sostible. Xa está ben de tanta hipocrisía, cando xa temos exemplos abondo desde hai 15 anos con algunhas aberracións urbanísticas pasando por detrás da parede o Plan Xeral, sacando o as da manga trapalleira e retorcida con Plans Parciais, ou sexa, traxes á medida feitos expresamente para algúns construtores de quenda.

Segundo o portavoz de I.U. Sr. Fajardo: afirma que non ten información oficial sobre este proxecto, pero asegura que a empresa leva cinco meses falando co goberno local en especial coa concelleira de urbanismo Tania García. Xa comezamos ben a cousa con escurantismo e falta de ética, iso é o que non pode acontecer ante un proxecto dunha envergadura de impacto ambiental como é un Campo de Golf. Neste caso necesítase moita transparencia e estudar o prol e o contra con sentido común para facer unha valoración sensata, en especial aquelas infraestruturas(entre outras, o grande consumo de auga) que se necesitan para poñer en funcionamento o Campo de Golf.
Infraestruturas que non sexan pagadas polo pobo. Ou sexa que paguemos todos para divertirse catro. Non todo vale en democracia.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES