Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galego de Granxa

martes, 13 de julio de 2004
Dise que foi Victorino Núñez, o político lucense-ourensán ex-Presidente do Parlamento de Galicia quen diferenciou do xeito máis expresivo os dous galegos existentes neste país: Vostede fala en galego de granxa, e eu fálolle en galego de cortello. Diferencia abismal entre o galego mamado na casa e o aprendido en cursiños de iniciación ou perfeccionamento ou -peor aínda- improvisado mal que ben para a súa expresión política ou mediática.

¡Que sorte o que aprendeu galego pouco a pouco, no rural, percibindo como por ósmose, por inmersión, a riqueza dunha lingua milenaria!.

O Consello de Cultura ven de facer un estudio sobre o galego que se emprega na actualidade, advertindo que a linguaxe oral ven ser unha mera traducción da castelá, e abogando porque a lingua resulte máis comunicativa, que perda artificiosidade, e que se pareza cada vez máis ó galego real.

Estudiaron o galego nos medios de comunicación, no mundo da investigación, na docencia, nos materiais didácticos, nos cursos para alumnos... e detectaron a absoluta necesidade de que o galego se diferencie do castelán; que ande só e non apoiado nunha lingua que non precisa porque é quen dabondo para vivir unha vida propia.

Xa está ben de galego de granxa. Os medios de comunicaicón teñen unha obriga grave; o mesmo que os lingüístas, os formadores... ¡e todos nós!.

Falar galego é moito máis que traducir simultaneamente, con mellor ou peor gracia, o que se nos ven á cabeza. Mentras non pensemos en galego non hai nada que facer.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES