Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Antonio Abelleira

lunes, 25 de abril de 2011
Días pasados, morreu en Begonte ós 64 anos, José Antonio Abelleira, un dos do Belén, no que durante moitos anos se encargou da parte electrica, electrónica, esa que constitúe a parte esencial, vital, animadora das figuras do Belén begontino.
Os moitos anos que leva funcionando o Belén Electrónico, van facendo que varios amigos do Belén se vaian incorporando ó grupo que no alén está agardando por nós, despois de formar aquí na terra parte dun equipo entrañable que foi quen de conseguir que Begonte pasase a ser a capital do Nadal en Galicia, e lograse o complemento directo para o seu nome ó ser chamado para mellor identificalo como “Begonte do Belén”.
O decurso dos anos fixo que, desde aquel 1972, fosen deixándonos persoeiros amigos que no seu momento foron nomeados “Socios de honra” do Belén, e moitos tamén dos que foron pregoeiros do Nadal begontino, que sen dúbida formarán xuntanza etérea con José Domínguez Guizán, o fundador, con José Rodríguez Varela, o artífice do Belén, e con Teté Cruz , aquela rapaza da que nos privou un malfadado accidente de tráfico hai xa tanto tempo.
Con José Antonio Abelleira váisenos un máis dos primeiros, do núcleo compacto e forte que foi quen de alumear en Begonte un Nadal diferente tomando como referencia aquel lugar e aquel tempo no que Deus se fixo home e habitou entre nós. Tan ben lograron aquel singular propósito que, case corenta anos despois, o Belén Electrónico de begonte é unha referenia imprescindible do Nadal en Galicia e punto esencial de atención na Terra Chá cando o inverno comeza.
José Antonio Abelleira era un home calado, silencioso, tranquilo, que interviña no Belén como o máis natural do mundo, como se o traballo non tivese importancia, como se estivese ó alcance de todo o mundo, como se aquelo case se fixese sólo. Chamabámoslle “o alemán”, desde sempre, por querencia xeográfica, xa que moito tempo atrás traballara – como tantos outros – na lonxana e mítica Alemania. Pero moi axiña veu para Begonte, asentou moi preto do Belén, alí fundou unha familia, e alí nos deixou hai uns días, como con urxencia para acudir á casa do Pai.
No nome das xentes do Belén, no nome de todos os que o coñecemos, despedimos cunha aperta póstuma a José Antonio Abelleira “o Alemán”, veciño e amigo, gracias ó que tamén o Belén é tan grande, tan importante, tan representativo dun pobo e das súas xentes.
Adeus, José Antonio. Ata sempre. Que a paz que xerache nesta vida te acompañe na gran vida da que xa disfrutas xunto con todos os demais amigos do Belén que xa gozan da contemplación directa do Señor.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES