Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'La calle es mía'

lunes, 25 de abril de 2011
'La calle es ma' A escola da vida: "La calle es mía"
Moitos lembrarán aquela frase pronunciada por Manuel Fraga en tempos preconstitucionais de "la calle es mía", pois agora parece que esta cambiou de man. Agora mercouna o alcalde de Madrid, Ruiz Gallardón. O seu argumento é que os indixentes fan un uso privativo dun ben público como é a rúa.

Unha lectura superficial do razoamento levará a algúns a pensar que é acertado, pero a pouco que estuden o contexto da situación dos indixentes verán que non o é. Primeiro, os indixentes están nunhas condicións precarias por moitas máis razóns que as económicas, cuestións todas elas ás que lles deben dar cobertura os servizos sociais, principalmente, pois non poder subsistir polos seus propios medios non supón unha perda dos seus dereitos como cidadáns.

Segundo, os servizos sociais, para as dereitas de calquera país democrático, son un mal necesario. É dicir, son algo que hai que ter pero sempre cunha mínima dotación, pois, segundo a súa ideoloxía, son improdutivos e unha perda continua de cartos.
Conclusión, se o concello de Madrid dispuxese dos servizos sociais necesarios para ofrecer os albergues, comedores, etc... ás persoas sen teito, estes non estarían na rúa nin con lei nin sen lei.

A inmensa maioría dos indixentes non son delincuentes senón só persoas que non teñen unha rede social, chámese esta familiares, amigos ou persoas ás que acudir, que lles permita facerse cargo das súas necesidades. Calquera pode entender que cando as relacións primarias se deterioran, a persoa pasa por unha situación depresiva, e, se esta se acompaña tamén da desatención social, os prexuízos para a súa vida agrávanse de forma notoria. Por iso, culpar os sen teito exclusivamente da súa situación é sinxelamente ter unha visión pouco realista do seu contexto.

Os poderes públicos están para analizar os problemas dos cidadáns e darlles as solucións máis oportunas e menos lesivas para o conxunto da sociedade. Querer acantoar as persoas sen fogar mediante leis é algo parecido ao que fixo no seu día o entonces alcalde de Marbella Jesús Gil quen enviaba ás persoas que non eran do seu agrado aos concellos limítrofes para que se fixesen cargo delas. Tanto unha opción como a outra teñen máis visos de mirar para outro lado que de querer solucionar os problemas.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES