Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santa Semana

jueves, 21 de abril de 2011
O que en tempos significou paixón que reflectía os sufrimentos do Señor, é desde hai xa ben tempo apaixonada semana de disfrute dos placeres que depara o fenómeno turístico. E así, esta semana que no tardofranquismo aínda era tempo de pecharse física e animicamente, co advenimento da democracia abreu as pantallas dos cines e as televisións, derrubou todo tipo de fronteiras, e resultou convertida nun tempo de explosión vacacional, plenamente compatible coas fervorosas manifestacións procesionais que nos últimos tempos se teñen acreditado como os maiores atractivos turísticos de moitas cidades, que en Galicia teñen en Viveiro e Ferrol os seus máis importantes exponentes.
Estamos plenamente inmersos neste tempo que acredita millóns de desplazamentos, importantes reservas nos hoteis que acomodan os precios para fomentar a chegada de clientela, e se para moitos son as primeiras vacacións do ano nas que é obrigado esquecer crise e se fai falla endebedarse para disfrutar, para o importante sector turístico galego é toda unha inxección de vitalidade neste tempo morto que comezou co remate do pasado Xacobeo.
Non estamos nos mellores tempos para facer dispendios, pero ocasións coma esta propician que esquezamos os problemas que nos aqueixan e decidamos que un tempo difícil ben merece un respiro antes de enfrontarnos de novo coa dura realidade. Temos un período festivo que a tradición e a convicción nos obrigan a celebrar cumpridamente. Disfrutemos destes días, que despois volverá con forza a interminable campaña electoral, e as dificultades cotiáns que durante sete días parecen aletargarse.
¡Feliz disfrute a todos os que poden facer festa!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania