Santos Sancristobal Sebastián
X.X. - lunes, 12 de julio de 2004
Segoviano. 76 anos. Hai máis de trinta, Santos Sancristobal Sebastián (con este nome, forzosamente tiña que ser crego) comezou a coleccionar obxectos relixiosos para formar o Museo de Arte diocesano de Mondoñedo, conseguindo chegar a ter un centro moi importante polos valiosísimos fondos e polas numerosas visitas.
Pausado, lento,concienzudo, don Santos ten un Museo por méritos propios, e o Bispado digamos que o tolerou máis que lle axudou a conseguilo.
Don Santos, nos anos sesenta, tivo sona en toda España (a través das páxinas de Sábado Gráfico), cando se opuxo a que os Coengos tivesen máis dereitos que os Beneficiados na vida relixiosa da época. Pero esto é só unha anécdota. Don Santos é un Museo. O museo diocesano de Mondoñedo é don Santos.
Hai uns días inauguráronse dúas novas salas do Museo. Don Santos nin siquiera puido falar. Falaron o Presidente do Cabildo, o Bispo, a Directora da Fundación Barrié. Nin don Santos nin o Alcalde de Mondoñedo (ó que se lle pediu axuda) tiveron uso da palabra.
O Bispo deu a entender que don Santos era bo para conseguir fondos para o Museo pero non para a súa distribución nin xestión museolóxica. Polo que se entende que pode ir despedíndose da dirección do centro. Non é xusto. A min - desde pequeno- ensináronme que había unha frase na nosa cultura popular para aplicar cando alguén non recibía trato axeitado daquel ó que lle fixera algún ben: ¡Así paga o demo a quen o sirve!.
Xa sei que non ven a conto. Pero non se me ocorreu mellor xeito de dar por rematada esta expresión do meu sentir.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora