Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Autovías de peaxe

miércoles, 20 de abril de 2011
Unha das medidas adoptadas por Portugal para reducir o seu déficit e cumprir os obxectivos que marca a Unión Europea é a de impoñer peaxes nas autovías que dependen do Estado portugués. Trátase da medida máis polémica, que crea maiores dificultades para usuarios e empresarios portugueses e galegos.
Para os afectados dun e doutro lado da fronteira, a medida non fixo máis que ser colofón nun proceso de dificultades que fai reducir os ingresos de establecementos comerciais e de hostelería. E para os usuarios, a dificultade ven dada polo descoñecemento xeral do proceso de pago destas difíciles peaxes, xa que hai que adquirir o correspondente chip para o automóvil que circule por estas autovías, sen que estea moi claro o procedemento a seguir nin os lugares de adquisición.
Dubídase de que a medida produza os efectos desexados, porque efectivamente suporá uns ingresos para as arcas estatais portuguesas, pero as dificultades que xenera –aínda que difícilmente cuantificables- serán tamén moi importantes. E se as dificultades do sistema poderían ser solventadas coa instalación das correspondentes cabinas de peaxe, como ocorre en todas as autoestradas, máis difícil é solucionar a repercusión dos custos en usuarios de todo tipo, que rexistran unha dificultade máis entre o cúmulo de dificultades que a situación de crise orixina. E Galicia é a especialmente perxudicada por esta medida, xa que a nosa autonomía resulta ser o quinto cliente do país luso en canto ás súas exportacións, e Portugal é o segundo cliente das empresas galegas, despois de Francia.
A economía portuguesa pasa por momentos de graves dificultades, que se evidencian no rescate do que vai ser obxecto por parte da Unión europea. E os galegos somos os máis directamente interesados en que o sistema portugués funcione. O tema da peaxe das autovías parece ser irrelevante, pero é un elemento máis a ter en conta, e deso somos tamén os máis directamente afectados.
Quizais deberíamos ir cavilando na posibilidade de que aquí chegue a tomarse unha decisión parecida, que o das autovías vai parecer un luxo que na actualidade sería ben difícil de acometer. E ocorre, como con outras cuestións que se veñen planteando para sortear a crise que nos abraia. E como con todos os demais recortes – as barbas do veciño están sendo peladas- daríamolas por ben empregadas se efectivamente valeran para algo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania