Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Insulto á intelixencia

miércoles, 20 de abril de 2011
DESDE O PREGUNTORIO: INSULTO Á INTELIXENCIA

Hai uns días apareceu un titular nos xornais: “Telefónica prepara 6500 traballadores ao paro e 450 millóns de euros a repartir entre os seus directivos” Telefónica era unha empresa estatal rendible que foi no seu inicio privatizada por Felipe González e posteriormente como consecuencia da “pinza” PP e PSOE o goberno do Sr. Aznar remataría a faena cun “pelotazo” aos seus compañeiros de pupitre, en especial ao seu amigo Villalonga. Este fuxiu da empresa con 2000 millóns de pts despedindo a unha morea de traballadores . A xustificación desa privatización por parte dos dous mandatarios era que, a xestión privada garantira a calidade do servizo e a modernización da mesma.

Pois asemella que si, queridos amigos. Asemella que si e ademais pola “jeta” , daquela coido que íamos cara a liberalización nacional: vía embuste, vía mentiras e vía trincar chupando da canoa. Levan anos dando á “barrila” con que o público é o malo e gasta moito, con que hai que privatizar todos os servizos públicos e todo o mercado laboral agás os postos de dirección.

Afórrense os xuristas o matizar os matices, este tipo de novas son as que deberían crear alarma social en un “estado de dereito”, onde moi poucas persoas enriquécense ao besta dunha maneira privilexiada, mentres outras menos favorecidas son marxinadas. Temos que falar claro dunha vez por todas: isto é terrorismo económico. Telefónica ten que volver a mans do estado, a mans de tódolos españois que, con 10.167 millóns de euros que gañou no 2010 o estado tería un diñeiro para arranxar moitos proxectos sociais.

Son insaciables. O estado púxose de xeonllos ante estes poderes financeiros que chegaron a ter máis poder que a propia democracia. Non teñen fondo. É nós, a tragar coa “socialdemocracia” e os liberais de postal.

Indignádevos, é o que nos queda.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES