Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pontevedra: A industria e a vida

viernes, 09 de julio de 2004
Do mesmo xeito que en As Pontes de García Rodríguez, hai anos, había un continuo e insufrible cheiro a Ácido Sulfídrico (olor a ovos podres), Pontevedra tiña un fedor característico que cada vez que por alí pasaba parábame a considerar o desgraciada que quedara a cidade diante dunha industrialización tan contaminante.
Os tempos cambian, e As Pontes e Pontevedra non cheiran o que cheiraban, afortunadamente para todos pero especialmente para os habitantes das dúas cidades.
A polémica está, agora, en Pontevedra sobre se vai haber ou non fábrica de papel dependente de Ence, e os argumentos crúzanse defendendo unha e outra posturas.
Xeneralizando, non é posible establecer a disxuntiva de "A industria" ou "a vida", porque o lóxico sería poder afirmar que "a industria é a vida", en tódolos seus sentidos: tanto en proporcionar postos de traballo e polo tanto mellor nivel de vida, como en respecta-lo contorno, que é o mesmo que respectar a vida de xentes, vexetais ou animais, porque todos xuntos conformamos o "medio ambiente".
Despois de tanto soportar aquela agresión olfativa, os pontevedres -e os que simpatizamos con Pontevedra- merécense e merecemos unha cidade limpa en tódolos aspectos. Garantido esto, adiante coa industrialización, completando o ciclo do papel, de xeito que "o nivel de vida" mellore de xeito efectivo e "natural".
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES