Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

China versus Galicia

martes, 19 de abril de 2011
O Presidente do Goberno español ven de facer unha xira por Asia, onde China foi o principal punto de referencia, e onde se puxo de manifesto que o que importa é únicamente que os chinos sigan a mercar débeda española e investindo nas nosas empresas.
É proverbial o sacrificio dos chinos no seu peculiar mundo do traballo, mundo trasladado a Galicia onde cada vez en maior número os emprendedores procedentes de China que antes atendían exclusivamente ó sector de hostelería nos invaden agora con tendas de “todo a cen” ou similares, sen horarios, sen límite de ningún tipo, onde hai absolutamente de todo e onde a calidade non importa competindo con cantidade e con precio. Os chinos están invadindo Occidente e nós, en lugar de aprender do seu espíritu investidor e emprendedor, acudimos a eles como prestamistas ou investidores que solucionen as nosas carencias.
Aínda que se adiantou nos seus posibles resultados, coa conseguinte rectificación china, o resultado da viaxe traducirase en máis compra de débeda española e investimentos chinos no proceloso sector das caixas e bancos, que non acaba de ver claro o seu futuro.
E mentras tanto, unha delegación china ven de estar en Galicia estudiando o funcionamento do sistema autonómico, por entender que o noso país é o maís axeitado entre as autonomías españolas para ver o funcionamento do noso sistema descentralizado, non se sabe se precisamente porque Galicia, segundo datos de 2008, cunha renda do 89% de media entre as rexións europeas se sitúa por riba de trinta e cinco rexións de Francia, Alemania, Bélxica, Gran Bretaña, Austria e Finlandia, alomenos sobre o papel.
A comunidade china en Galicia non parece deixar de medrar, e os negocios chinos florecen con similar incremento á velocidade dos peches de negocios dos naturais do país, desengañados dun sistema económico que perde folgos a pasos axigantados.
Está ben acudir a China en demanda de investimento. Debe estar ben pasar por China e mencionar só de pasada, moi de pasada, os dereitos humanos que en China non parecen existir. Pero dos chinos podemos agardar algo máis, podemos aprender moito dos seus afáns, do seu espíritu comercial. Os chinos veñen aprender a Galicia como funcionan as autónomías. Os galegos podíamos acudir a China a aprender algo do bo que deben ter.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania