Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bacharelato de excelencia

domingo, 17 de abril de 2011
En moitas Facultades universitarias só teñen acollida os alumnos que posúan os mellores expedientes, os alumnos que poden ser considerados “excelentes”. E sen embargo a decisión de Esperanza Aguirre de crear nos institutos madrileños un “bacharelato de excelencia” ven de provocar unha tormenta educativa e mediática polas implicacións que se supón que poida ter en posibles desigualdades na atención ós alumnos.
E sen embargo todo o sistema está baseado na competición, no premio ós mellores alumnos, nun auténtico escalafón entre estudiantes segundo os resultados que estes obteñan nos seus exames.
É sabida a gran dificultades que para integrarse no sistema educativo teñen os alumnos superdotados, porque compre atender á maioría dos alumnos e os máis destacados síntense desplazados, abúrrense nas clases, e non poden participar na marcha normal do proceso educativo. O planteamento de Esperanza Aguirre parece tratar de solucionar este problema, faltando unicamente establecer o nivel a partir do que un alumno pode ser calificado de “superdotado” e merecer ser encaixado nun bacharelato que por definición aspira á “excelencia”.
A instauración dun sistema como o que anuncia a Presidenta da institución autonómica madrileña entrañará serias dificultades de índole política, e naturalmente de índole económica e polo tanto práctica. Pero a priori parece unha boa solución para proporcionar unha mellor educación a aqueles alumnos que sobrepasan amplamente o nivel medio dos estudantes dun centro e precisan dunha atención especial.
As diferencias deben ser contempladas, estudiadas, e recibir solucións. Neste caso, non se trata de uniformar unha clase polo raseiro das medias, senón atender, cuidar, fomentar os específicos casos especiais, para darlles unha tamén especial atención.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES