Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Centros de excelencia, que ocorrencia!

lunes, 18 de abril de 2011
Centros de excelencia, que ocorrencia! A escola da vida: Centros de excelencia, que ocorrencia!

A presidenta da Comunidade de Madrid, na súa liña de pensamento liberal, fixo esta semana a proposta de implantar un bacharelato de excelencia para os mellores alumnos da ESO da súa autonomía. Esta idea, lonxe de ser nova, non é aplicable en España. Non é nova porque en Estados Unidos, por exemplo, existen determinados centros privados que manteñen un corpo especializado do que, en termos deportivos chamariamos olleadores, que visitan centros públicos ou privados co fin de localizar aqueles alumnos que posúen unhas calidades e potencialidades por encima da media que os poidan facer chegar a ser líderes sociais.

Con todo, esta non é, nin moito menos, a perspectiva que desexa implantar a presidenta madrileña. Pois, mentres nos Estados Unidos os alumnos reciben unha asignación da institución privada, aquí seremos todos os que paguemos ese centro de excelencia, xa que será público. E o público no noso país non pode facer distincións cualitativas. Todos os alumnos caben nos mesmos centros, sexan cales sexan as súas capacidades, e serán os seus docentes os que as deberán valorar co fin de concretar cales serán as adaptacións curriculares que deban aplicarlles. Pero, ademais, a súa proposta choca coa propia Lei orgánica de Educación, onde se advirte que un dos obxectivos do bacharelato é exercer a cidadanía democrática. E que hai menos democrático que diferenciar de seu os alumnos por clases ou niveis de instrución?

Ademais, a propia idea xa do centro de excelencia contén en si mesma a súa principal eiva democrática xa que só daría cabida a oitenta ou cen alumnos dos case tres milleiros de posibles candidatos. Así pois, a discriminación, xa sexa para establecer diferenzas en canto a niveis educativos ou por calquera outro motivo, é algo que vai en contra dos principios máis elementais de sociedades democráticas como a nosa, e estas deberán loitar contra quen queira instaurar este tipo de políticas perversas que rupturan as posibilidades de avanzar das persoas. Ao final todo vai ser un dar que falar ante as vindeiras eleccións, un sacarlles partido mediático a ideas especulativas sen credibilidade, pero que denota a calidade dos políticos que gobernan unha sociedade que tenta saír dunha grande crise socioeconómica.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES