Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Velando armas

viernes, 15 de abril de 2011
Están os principais partidos preparando a campaña das próximas eleccións municipais, preparando os seus pequenos exércitos a escala local para conseguir que os seus posibles votantes se movilicen e acudan a depositar o seu voto o próximo maio.
Poucas campañas electorais, subterráneas ou non tanto, duraron coma esta, que empezou no momento en que tomaron posesión as actuais corporacións municipais, co nacemento dos bipartitos, co cambio de cor nas titularidades e gobernos, marcando catro anos que en moitos casos foron de interinidade pola fraxilidade dos acordos logrados.
Posiciónanse as forzas contendentes, logrando PP e PSOE formar listas na totalidade dos concellos, seguíndoos con forza o Bng e aflorando en determinados concellos listas independentes de nome variado, pretendendo ser “chave” no goberno que se forme das eleccións porque ningunha das outras forzas logre maioría abonda para facelo en solitario.
Moitas pequenas localidades ou aldeas serán de novo visitadas por membros de cada candidatura, en viaxe cuatrienal que agora de novo toca, disputándose o favor dos escasos votantes que perviven.
E todos, en conxunto, velan armas que desplegarán, agora xa claramente, oficialmente, nas dúas semanas de campaña electoral onde volveremos escoitar as mesmas voces, os mesmos argumentos, os mesmos bos propósitos para solucionar as mesmas carencias.
E sen embargo hai moita xente que pensa que o voto está decidido de antemán, porque nestas eleccións vótase especialmente á persoa e non ó programa, vótase ó partido sen importar a mensaxe. Que do mesmo xeito que se fan as enquisas poderíase facer reconto de votos para determinar os resultados.
A batalla vai ser dura, porque os partidos contendentes saben que destas municipais depende moito máis ca o resultado dunhas eleccións municipais. Todos, agora, velan as súas armas e entablan pequenas escaramuzas para coñecer de antemán as forzas ás que se van opoñer.
Que gañen os mellores, os que poidan proporcionar solucións –a escala local- ós fondos problemas que na actualidade nos aqueixan ós galegos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania