Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mulleres na Academia

jueves, 14 de abril de 2011
A Real Academia Galega é unha institución que viviu tempos difíciles e goza na actualidade dun moi importante prestixio, e consideración entre todos nós. E o feito de que se vaian incorporando académicos representantes de xeneracións novas, ou que anovaron a literatura e o panorama cultural galego fai que bote raíces cada vez máis fondas entre todos os galegos.
Que a toda institución lle chega o momento de renovarse, está fóra de toda dúbida. E máis axiña ou máis tarde, os novos tempos van entrando nas administracións, nas entidades, nas asociacións. Cabe preguntarse se lle toca agora á Real Academia.
Cincuenta e dúas mulleres veñen de asinar un Manifesto pola incorporación feminina á Real Academia, xa que na actualidade só catro de trinta académicos son mulleres. Parece chegado o momento de que as renovacións próximas vaian axudando a mellorar unha proporción que, afortunadamente, non ten nada que ver coa realidade social que nos envolve.
Lonxanos xa os tempos en que os homes eran absoluta maioría na creación ou investigación literaria, hoxe as mulleres son senon maioritarias alomenos exactamente igual ós homes á hora de cultivar a literatura, de investigar ou ensinar, de recitar ou actuar. E aínda que pode parecer que as cincuenta e dúas asinantes varren para a casa á hora de pedir máis mulleres na academia, o certo é que non fan máis que pedir que a situación se axuste á realidade, que a Academia reflicta o que pasa neste noso mundo cambiante onde a muller tanto ten loitado e progresado, conquistado áreas que antes lle foran negadas, e logrando igualdades a base de tesón e de esforzo.
Haberá máis mulleres na Academia, ¡Seguro!. Máis das que hai agora, que conquistaron os seus postos con traballo e constancia. Ninguén poderá discutir o seu merecemento. Pero o número tamén importa e moito. E teñen que entrar moitas máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania