Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Blanco, lectura, pantasmas e aborto

miércoles, 07 de julio de 2004
Eu téñome proposto facer un comentario diario - de luns a venres- para Galicia Dixital, e estouno cumprindo desde hai uns cantos meses. E cada día aparece unha nova ou un feito que me chama a atención e provoca que exprese o meu parecer.
Ocorre ás veces que hai máis dunha noticia "provocativa", e teño que seleccionar. Pero hoxe non quero desbotar ningunha das catro que me chamaron a atención.

BLANCO: EU QUÉROTE MÁIS
Blanco -¿Hai máis dun Blanco na actualidade?- asegura que Zapatero vai investir en Galicia en catro anos máis que Aznar en 8. E que se vai notar máis a súa presencia nas esferas do poder que a de Rajoy na pasada época aznarista.
Se así fose, todos contentos. Pero os galegos, das predicacións, estamos bastante fartos. E esto soa a predicación barata de Santa Misión de comezos do século pasado.

TODOS LEMOS MÁIS
Se facemos caso das enquisas, ós galegos deunos por ler coma tolos. La Voz ten 696.000 lectores diarios; El Progreso, 105.000; Faro, 302.000; La Región, 90.000. Esto, calculando que cada xornal o leen 7 ou 8 persoas, que xa é supoñer.
A un, que non cre nas enquisas manexadas polos interesados, parécelle algo de pantasmada esta arma arroxadiza duns medios contra outros.

AUTOVÍA PARA A MARIÑA
Hai máis de trinta anos, na G.E.G. dicíase que a Mariña luguesa estaba a agardar pola Autovía da Costa e pola T de comunicación con Lugo, para sair do seu secular aillamento.
2004: A Mariña lucense segue a clamar pola Autovía da Costa. As comunicacións na Costa son unha pantasma que nos persegue. ¿Ou somos nós os que perseguimos unha pantasma?

ABORTOS
Despois de tres noticias de pantasmas, unha nova tráxica: O 55 % das rapazas adolescentes galegas que quedan embarazadas, abortan.
E un non sabe que dicir a esto. Porque o dato déixame sen fala, e as teclas do ordenador parece que se negan a seguir deixándose premer.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES