Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imputados

jueves, 14 de abril de 2011
Crematorio: Rafael Chirbes é un escritor extraordinario que, no ano 2007, acadou o premio nacional da crítica coa súa novela Crematorio. Neste libro conta, por medio de varios monólogos encadeados, a vida de Rubén Bertomeu, un arquitecto que amasa unha fortuna na costa levantina co negocio da construción.
Aquí está retratado o atlas da corrupción que impera nese territorio. Aparecen asesores de urbanismo corruptos, alcaldes e concelleiros sen escrúpulos, abogados sen conciencia, mafiosos que lavan diñeiro con investimentos en rañaceos. Hai festas ata o amencer, reunións en prostíbulos, negocios turbulentos, ameazas e matóns armados, cocaína e depravación. E manexando todo está o construtor, experto en tráfico de influencias, suborno e extorsión. Este especulador sen moral utiliza os demais para o seu propio beneficio; todos saben dos seus manexos delituosos pero miran para outro lado; moita xente vive arredor da corrupción sen valorar as consecuencias; todos comen sen importarlles "o porca que queda a cociña". O propio Chirbes, defensor do sentido ético do oficio de escribir, afirmou que este libro non é unha denuncia da corrupción urbanística senón que quere reflectir como é a nosa modernidade, "o que se supoñía que iamos traer despois do franquismo e que deu como froito esta planta velenosa que nos asfixia".

Corrupción: É un dos maiores inimigos da democracia. Cómpre manter os sistemas de alerta activados para evitar que se instale na vida pública. En Galicia ten unha presenza poderosa. Lembremos o caso máis recente: hai máis de vinte imputados na operación Orquestra, que afecta a diversos cargos públicos da Costa da Morte. Pero en Valencia semella que ten botado raíces ben profundas. Mariano Rajoy (que na última semana apareceu nos medios por unha foto do 2009 no barco Maropa, vinculado a un clan do narcotráfico galego) acaba de aprobar as candidaturas de Camps nas que figuran, en postos de saída, dez implicados en casos de corrupción. O perigo non está en que presuntos delincuentes se presenten ás eleccións: o drama é que hai xente disposta a votalos. A degradación está tan instalada na sociedade que se acepta como un mal inevitable. E mentres, o Partido Popular sementa dúbidas sobre as actuacións da xustiza, envilece a vida política e impide que se faga unha rexeneración democrática, como reclama IU, tan necesaria para garantir o futuro colectivo...
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES