Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora, os intereses

miércoles, 13 de abril de 2011
Que o Banco Central Europeo decidira a pasada semana subir o Euribor un 0,25% e insinuara outras dúas subidas similares nos próximos meses non é unha boa noticia para os milleiros de galegos que son titulares dun préstamo hipotecario de tipo variable que verán repercutido de inmediato nos seus recibos mensuais un incremento sustancioso nos intereses.
As hipotecas, adquiridas en épocas que ben poden chamarse de “vacas gordas” son nestes tempos de tribulación espadas de Damocles sobre os seus titulares, que bastante teñen con ir facendo frente ó que ata agora viñan aboando, para agora velo incrementado de xeito sempre importante.
Parece que a medida está tomada tendo en conta que algúns paises europeos xa están saíndo da crise e esta medida fortalecerá esa saída facéndoos máis competivivos nas súas vendas ó exterior. Pero para os paises que aínda están loitando por respirar por riba do forte oleaxe, a medida pode resultar onerosa e dificultará de xeito importante a súa recuperación. Xa se sabe que cando nunha colectividade de persoas ou de países se toman determinadas medidas non se fan para beneficiar ós máis pequenos ou febles senón todo o contrario.
É un elemento máis para facernos pensar que se estamos ás maduras dos beneficios da moeda única, tamén estamos ás duras de acatar todas as medidas que os poderosos toman no seu beneficio, aínda que nos manquen.
Para o pequeño consumidor, é un elemento máis na súa contra. Un elemento máis de dificultade para chegar a fin de mes, para nivelar presupostos e consolidar situacións. Este, ven de fóra. Pero desde dentro algunha medida máis se podería tomar para procurarnos alomenos un respiro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES