Quimeras de nostalxia
Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 13 de abril de 2011
Deixa que o raio de sol se filtre por entre as liñas da miña canción. Esa que soa, que se escoita mentres o vagalume asoma polo valado da historia que contei na miña etapa madrileña. Agora, na actualidade, o ruxerruxe da miña memoria fai auga por todos os lados e os versos do soneto no alcanzan o poema. Deixa que o Billie Jean de Michael Jackson, me lance a aquelas tardes nas que o recordo dun sacho caendo sobre os regos da ignorancia facíame doer a alma. Quero cantarlle a un tempo que me levou polos niños dos entendementos e nos que tan só atopaba quimeras de nostalxia que viaxaban por entre nubes de algodón e cos soños domados, amansados ante unha almofada que non dicía nada. Nunca di nada.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora