Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xubilar os mestres

miércoles, 13 de abril de 2011
Xubilar os mestres A escola da vida: Xubilar os mestres

O Goberno quere que os profesores non universitarios se xubilen aos 67 anos. As súas razóns son tanto económicas: máis tempo traballado, menos tempo de pensión como de equiparación co resto dos traballadores suxeitos ao réxime xeral da Seguridade Social.

Hai outras razóns que non son contempladas no plan, e que teñen un gran peso á hora de afrontar unha decisión deste calibre. Unha delas é a de que a partir de certa idade, a súa actualización profesional empeza declinar, o que repercute na calidade da súa docencia e, polo tanto, nos seus alumnos. Isto vai asociado a acomodación a unhas pautas que son recoñecidas polo docente como válidas e suficientes para a transmisión dos coñecementos coas que actuará até o final da súa carreira. Está claro, que esta foto fixa ten os seus trasgresores: ensinantes que conservan a súa capacidade de manterse ao día, e mesmo, que a xubilación a calquera idade lles supón unha mazada nas súas vidas, pero non deixa de ser unha realidade contrastable con calquera outra profesión.

Tampouco están os profesores preparados para manter a atención e a comunicación cos seus alumnos a partir de certas idades, máxime cando eles cumpren anos mentres os seus pupilos conservan toda a enerxía da súa mocidade.
Por outra parte, este é o último ano en que os profesores van poder acollerse á súa xubilación anticipada aos 60 anos. Coñezo varios amigos que o van facer, e podo dicir, sen faltar á amizade nin á verdade, que foron uns magníficos profesionais, algún deles, incluso, se vai retirar como director dun centro importante, no que fixo un excelente labor, elevando todos os seus estándares de calidade e de proxección na comunidade na que se enclava. No entanto, uns e outros confesáronme o seu cansazo, non só pola diminución das súas enerxías vitais, senón pola continua renovación dos plans aos que se tiveron que ir adaptando durante as últimas décadas que lles fixeron cambiar o paso outras tantas veces. E aínda que aman a profesión senten que lles chegou o momento de deixarlles o sitio a outros.
Por todo isto, deduzo que antes de querer equiparar a todos os docentes con outros profesionais, as autoridades públicas deberían valorar outros aspectos e propiciar as alternativas para que cada quen axuste o seu perfil.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES