Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aeroportos con perdas

martes, 12 de abril de 2011
Calquera negocio, visto desde fóra, sempre parece moi rendible e fermoso. Os aeroportos, calquera aeroporto, parece un negocio perfecto onde todo se conxuga para producir beneficios, desde os aparcamentos no exterior a uns precios moi elevados ata as cafeterías que venden produtos do montón a precios de cinco estrelas, pasando polas taxas que se inclúen en calquera billete de avión e as que deben pagar as compañías que utilizan os seus servizos.
Lonxe da realidade esta consideración, os tres aeroportos galegos resultan ser deficitarios e cada un deles superou os sete millóns de euros de perdas o ano 2010, a pesar de mellorar sensiblemente os seus resultados con respecto ó ano anterior.
Seguindo a tristemente famosa e real lei de que para que unha empresa económica funcione e dea rendimentos hai que quitala das mans públicas e situala en mans privadas para que a rendibilicen, eso é o que se vai facer con numerosos aeroportos, entre os que están os galegos de Peinador e Alvedro que dan servizo ás dúas cidades máis grandes de Galicia: Vigo e A Coruña.
As empresas privadas entrarán na explotación destes aeroportos nun 49% das respectivas entidades pola que a responsabilidade e a dirección efectiva recaerá na administración, pero a xestión levarase a cabo por mans e directrices privadas, que aplicarán criterios de rendibilidade onde ata agora parece haber un burato sen fondo á hora de facer contas ó remate de cada exercizo.
É triste constatar que para que unha determinada función ou servizo sexa rendible ten que estar en mans privadas e dirixida con criterios empresariais. Como se a Administración non fose quen de harmonizar a prestación de servizos axeitados coa de procurar o menor custo e rendibilizar os medios aplicables.
O que hai que agardar, e esixir por riba de calquera outra consideración, é que os aeroportos rexidos con outros criterios sexan igual de seguros, que presten os mesmos ou mellores servizos, con similares prezos, sen rebaixar a calidade. Parece a cuadratura do círculo, pero seguro que é posible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania